O catálogo de In Tempore Sueborum, un fito na historiografía sobre os suevos

O presidente da Deputación Manuel Baltar destacou o vangardismo do proxecto, que inclúe páxina web

Manuel Baltar, con Jorge López, esquerda, e Artemio Martínez, dereita. Fotos: Alberte Paz.

OURENSE, 15 de decembro de 2017.- O catálogo da exposición In Tempore Sueborum suporá un fito na historiografía acerca do chamado mundo bárbaro, no que se encadran os suevos. Así o dixo o comisario Jorge López. “No existe en la historiografía actual un volumen que recopile tantas piezas juntas “, sinalou, engadindo que con esta publicación a Deputación de Ourense “se pone a un alto nivel en publicaciones”. Recordou que o catálogo é un traballo coral, preparado por máis de 60 especialistas na materia, e que se fará imprescindible dende agora. Consta de tres bloques que se corresponden cos tres espazos expositivos: Centro Cultural Marcos Valcárcel, igrexia de Santa María Nai e Museo Municipal. É un fondo traballo de investigación fundamental para a historiografía.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, agradeceu o traballo dos autores e subliñou a importancia do proxecto e como In Tempore Sueborum se suma ao reforzo do turismo cultural, no que Ourense ten potencial dabondo. A exposición se inaugura este venres no que a cidade de Ourense vaise converter de novo, segundo palabras do presidente da Deputación, nunha das capitais do reino suevo “para que ourensáns e visitantes podan gozar dunha magna exposición, a máis importante realizada nesta provincia, que nos sitúa á vangarda neste ámbito cultural”, indicou Manuel Baltar. O presidente presentou tamén a páxina web da exposición, www.intemporesueborum.es, que se amosa en galego e castelán. Inclúe o catálogo en galego, castelán e inglés, para a súa consulta en Internet.

Manuel Baltar anunciou que aparte desta publicación, haberá outra paralela “cos preparativos, co desenvolvemento e co éxito da exposición” e tamén se fará unha unidade didáctica para a vindeira edición da Semana Escolar. Sinalou que a peza máis valiosa, en canto ao custe do seguro, é o anel de Alarico II, que chegou de Viena, e que supera o millón de euros. É única, exhibida por vez primeira na Península Ibérica. Incluso hai dúas pezas chegadas de Portugal que se daban por perdidas e ata o de agora nunca foran expostas no seu propio país, de xeito que en primicia están á vista en In Tempore Sueborum.

O catálogo pódese ler en castelán, galego e inglés.

A versión en papel do catálogo ten un prezo de venda de 20 euros. Trátase dunha publicación en formato 24 x 23 cm. con 552 páxinas. O seu deseño e maquetación foron moi coidados, coas imaxes silueteadas e distribuidas dunha maneira moi estética. O texto preséntase en tres idiomas: galego, castelán e inglés. A cuberta, a toda cor, representa o deseño que foi escollido como a imaxe corporativa da exposición.
Esta obra axudará ao lector e ao visitante a comprender mellor a realidade dos bárbaros, a súa composición e relacións cos romanos. Explica amplamente sobre este particular a creación bárbara, froito de Roma, unha historia contada para a élite imperial. Nas súas páxinas será posible consultar os datos científicos de todas as pezas. Aporta abundante bibliografía que actualiza este campo da investigación da Antiguedade Tardía e se convertirá nun instrumento de referencia tanto para investigadores como para o público en xeral interesado nesta época da historia. Tanto a exposición como este documento bibliográfico supoñen un fito na historiografía europea acerca do mundo bárbaro, no que se encadran os suevos.

Nos 39 museos que prestaron pezas a In Tempore Sueborum estará o catálogo para consulta dos investigadores dos respectivos países.
O comisario Artemio Martínez destacou que detrás do catálogo hai moitos especialistas que intentaron achegar a cuestión sueva ao gran público, tendo en conta que se trata dun “tema complicado, que procuramos hacerlo comprensible porque no es fácil explicarlo ni siquiera a los propios especialistas”.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER