In Tempore Sueborum superou os tres mil visitantes na súa primeira semana

A exposición está presente no blog de Renfe, que nun ano tivo 1,5 millóns de visitas

OURENSE, 22 de decembro de 2017. Na primeira semana de desenvolvemento da exposición In Tempore Sueborum pasaron polos seus espazos máis de tres mil visitantes. Esta cifra amosa o interese que nestes días espertou o proxecto científico do que deriva esta mostra sobre o tempo dos suevos, entre os cidadáns galegos e do resto do Estado. Quenes se achegaron desde o sábado pasado a ver esta exposición fixérono individualmente, en parella, en familia ou en grupo de amigos ou de profesionais. Entre os grupos houbos de escolares, de matriculados nas XVII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía, de alumnos da UNED Senior de A Coruña ou os dun ciclo de Turismo, sen esquecer o grupo de empresarios chineses ou a presenza da secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Ana Mendes.

Entre os visitantes houbo un grupo de empresarios chineses. FOTOS: Alberte Paz.

De Galicia viñeron visitantes das súas catro provincias, ainda que predominan os de Ourense. De Castilla y León houbo visitantes desprazados desde León, Zamora e Salamaca. Visitantes houbo tamén de Murcia, de Aragón (Zaragoza, Huesca e Teruel) ou do País Vasco (Guipúzcoa, Vizcaya). In Tempore Sueborum interesou a cidadáns procedentes de Cataluña (Barcelona), de Cantabria, de Castilla-La Mancha, (Guadalajara, Cuenca), de Madrid e de Andalucía, pois viñeron xentes das provincias de Málaga, Almería e Jaén. As Baleares tamén están representadas nesta primeira semana de funcionamento de In Tempore Sueborum, como o Levante, a traverso da provincia de Alicante, máis a cidade de Melilla.

Escolares de dous colexio da província visitaron a mostra eta semana.

Non deixa de ser curiosa a presenza de cidadáns doutros países. Coincidiu que nesta primeira semana pasaron pola mostra visitantes de Portugal, República Popular China, Holanda e Brasil. Son pequenas cantidades sobresaíndo tan só a do país oriental, que suma 20 persoas.

Dende a organización da exposición, que recae na Deputación de Ourense, considérase que é un resultado satisfactorio en canto cubre as expectativas postas neste proxecto de tanta envergadura cultural como nunca antes se fixera en Europa. Convén subliñar que o proxecto marca un antes e un despois no estudo científico do mundo que os romanos denominaban bárbaro.

A presenza da mostra no blog de Renfe dalle visibilidade.

Renfe

Por outra banda, a compañía ferroviaria española está convidando aos seus usuarios de toda España a viaxar ata a cidade de Ourense grazas á publicación no su blog dun artigo alusivo a In Tempore Sueborum. O impacto que esto pode ter é importante porque, segundo Renfe, a media anual de páxinas vistas no blog desta compañía foi de 1,5 millóns.

In Tempore Sueborum estará aberta ao público ata o 4 de marzo do 2018. Consta de tres espazos expositivos: Centro Cultural Marcos Valcárcel, igrexa de Santa María Nai e Museo Municipal nos que se amosan 262 pezas vidas de 39 museos de toda Europa, pertecentes a 10 países. Ata o de agora nunca fora sido posible contemplar xuntas tantas pezas de primeira orde de aquela época tardo-antiga. En In Tempore Sueborum é posible gozalas sen ter que recurrir a fotos en libros ou viaxar a tantos museos para velas. Este é outro dos reclamos que os especialistas subliñan neste gran proxecto cultural europeo orixinado en Ourense, para intentar entender o Reino Suevo do Noroeste peninsular, considerado o primeiro reino medieval de Occidente.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER