A Federación veciñal Limiar coñeceu os segredos de In Tempore Sueborum

OURENSE, 28 de decembro de 2017.- O equipo directivo da Federación de Asociacións de Veciños Limiar en Ourense, coñeceu os segredos do mundo dos suevos a traverso da visita guiada que tiveron nos tres espazos expositivos de In Tempore Sueborum. Conscentes de querer coñecer mellor os séculos da Tardo-Antigüidade do Noroeste Peninsular, non dubidaron en solicitar unha visita para eles co gallo de coñecer mellor tanto o concepto de bárbaros, invención romana, para comprobar que a realidade amosada polas escavacións arqueolóxicas é ben diferente ao que ao longo da historia nos leva contado Roma.
Os membros de Limiar foron guiados polas 262 pezas expostas por Jesús Manuel García, guía oficial de In Tempore Sueborum e responsable de comunicación da mesma. Por parte de Limiar estaba o seu presidente, Manuel Mosquera, o tesoureiro, Antonio Andrades e a secretaria, Milagros Fernández, entre outros socios. A estes engadíronse varios cidadáns que nese momento se atopaban na exposición de modo que se formou un grupo de visitantes importante. Os participantes amosaron a súa ledicia por esta experiencia e máis de ún quedou con gañas de voltar para seguir vendo con detalle tantas pezas como hai.

Os visitantes gozaron coas pezas únicas da mostra. FOTOS: Alberte Paz.

Durante toda a mañá foron vendo tanto as migracións dos pobos considerados bárbaros polos romanos, dándose conta de que non eran xentes salvaxes como se facía ver desde o Imperio. De igual xeito coñeceron a chegada do cristianismo á Gallaecia e o que isto implicou na sociedade do momento, é decir, cando chegaron os suevos, o cristianismo xa estaba na Gallaecia. Este ámbito amósase baixo as bóvedas da igrexa de Santa María Nai, onde nos sae ao encontro un gran personaxe do século VI como era Martiño de Dumio. Os visitantes de Limiar pecharon a xornada cultural coñecendo a convivencia entre os suevos e os galaico-romanos.

Xunto aos membros de Limiar había outros moitos cidadáns que se atoparon  coa visita e se engadiron a ela.

Os grupos de todo tipo que queiran visita guiada á exposición poden facer a súa reserva contantando no correo electrónico: comunicacion@intemporesueborum.es As visitas ordinarias son as das 18.30 horas, de luns a sábado, e non precisan reserva. Todas as visitas son de balde.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER