O director do Conservatorio Superior de Música de Castilla y León visitou In Tempore Sueborum

Luis Dalda calificou a visita como “sumamente interesante” pola claridade das explicacións 

OURENSE, 5 de xaneiro de 2018.- A exposición In Tempore Sueborum segue a recibir visitas de persoeiros destacados do mundo da educación, da empresa ou da cultura. Así, na tarde do xoves, día 4, acudiu á visita guiada o director do Conservatorio Superior de Música de Castilla y León, Luis Dalda Gerona. O reputado organista, acudiu acompañado polo actual organista da Catedral de Ourense, o sacerdote e musicólogo Manuel Rey Olleros. Ambolos dous seguiron o percorrido co noso guía, Jesús Manuel García, e outras persoas que integraban o grupo da xornada.

Dalda puxo moita atención ao que vía e escoitaba de xeito que ao final amosouse moi satisfeito de estar na exposición. “Me pareció una visita sumamente interesante porque me lo habían comentado esta mañana y me he venido porque todo este tipo de cosas me atraen muchísimo y la verdad que me resultó extremadamente interesante dado que en el colegio estudiamos los suevos, los alanos y los vándalos de manera muy genérica, cuando éramos niños, pero la verdad, como bien apuntó el guía, estamos hablando del tiempo de los suevos y francamente los comentarios que hizo acertados de que los bárbaros también se beneficiaban de la civilización romana, que era un estímulo recíproco entre ambos”. Dalda amosouse satisfeito: “Realmente me parece muy interesante y doy la enhorabuena al guía por la claridad con la que está exponiendo los distintos ámbitos de la exposición”, subliñou.

O que más lle chamou a atención foi a imaxe legada polos romanos sobre os bárbaros, no senso de que nos fixeron crer que eran incivilizados. “Ese tópico, con las explicaciones que se nos da en la visita y con lo que vemos en los objetos que llevaban las personas en los enterramientos, se ve que se trata de gentes de una civilización mucho más desarrollada de lo que estamos acostumbrados a que nos digan, y la verdad es que esta visita está siendo muy reveladora para mí”, subliñou Dalda.

Nado en Madrid, Luis Dalda estudou órgano con Montserrat Torrent, obtendo o título de Profesor Superior de Órgano, con Premio Extraordinario Fin de Carrera, no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

Posteriormente asistiu a cursos de perfeccionamento e especialización con Guy Bovet (Salamanca), Hubert Meister (Madrid) e Michael Radulescu (Principado de Liechtenstein – Suiza). Deu concertos nos principais festivais internacionais de órgano en España. Entre os seus concertos no estranxeiro, destacan a súa xira polo Xapón no ano 1994, na que ofreceu concertos e master-clases en Shirakawua, Gifu e Tokio.

Participou no Festival Internacional de Órgano de Mafra (Portugal), no 2004. Igualmente tomou parte no Ciclo Internacional de Concertos de Órgano de Roma no ano 1995. Gravou pezas para Radio Nacional de España nos órganos das catedrais de Astorga e Valladolid i é autor do programa “Órganos Históricos”, que se emitiu na Radio Clásica de RNE.

Luis Dalda é Director e Catedrático de Órgano do Conservatorio Superior de Música de Salamanca e organista da Igrexa da Universidad Pontificia de Comillas (ICAI-ICADE) de Madrid.

Tamén colabora habitualmente coa Consejería de Educación y Cultura da Junta de Castilla y León, en calidadee de asesor e director técnico, para a restauración dos órganos históricos da Comunidade e tamén é Director Artístico do Ciclo “Arte Organica” da Fundación Siglo.

Pablo C. Díaz, catedrático salamantino de Historia Antigua 

Na mesma xornada, pero pola mañá, tamén visitou In Tempore Sueborum o catedrático de Historia Antigua da Universidad de Salamanca, Pablo C. Díaz Martínez, autor do libro El Reino Suevo, (411-585), editado por Akal no 2011. Esta obra é hoxe unha referencia no estudo do devandito reino asentado na Gallaecia. Unha historia que foi ignorada polas historias de España ou valorada como apéndice nas historias do reino visigodo. Como di o autor, en mans de historiadores non profesionais ou non sempre respectuosos coa crítica histórica, os intentos de achegamento aos suevos foron escasos e atópanse dispersos.

 

VOLVER