O comisario Artemio Martínez trazou en In Tempore Sueborum a evolución e asentamento do cristianismo na Gallaecia sueva

O ponente desenvolveu no Foro La Región o contido da mostra especialmente exposto en Santa María Nai

OURENSE, 8 de xaneiro de 2018.- O tamén comisario de In Tempore Sueborum, Artemio M. Martínez Tejada, ofreceu a segunda conferencia do ciclo de esta exposición, que se desenvolve no marco do Foro La Región. Este especialista en arquitectura cristiana tardoantiga falou ante un auditorio ateigado de público, precisamente sobre esta cuestión no tempo dos suevos. O contido da súa palestra é o que está desenvolto no espazo de Santa María Nai, adicado precisamente ao cristianismo na época que nos ocupa. Martínez Tejada explicou que cando a comezos do século V chegaron a Hispania os ‘pobos bárbaros’ (alanos, vándalos, suevos e godos), “la Iglesia de la Península Ibérica se encontraba inmersa en un proceso de oficialización, organización y expansión, que se originó unos años antes, a finales del siglo IV, con varios edictos imperiales, y que concluirá -en lo que al regnum sueborum se refiere- hacia el año 585, ya a finales del siglo VI”.

O público encheu o salón de actos do Centro Marcos Valcárcel. FOTOS: Alberte Paz.

Segundo o ponente, trátase dun proceso que, nas terras da Gallaecia no tempo dos Suevos, articúlase en dous momentos ben distintos: “un primer momento (desde su asentamiento hasta mediados del siglo VI) que marcado por la singular convivencia entre las prácticas paganas y las cristianas dará lugar a particulares fenómenos de interacción y sincretismo cultural” xa que, prosigue o doutor Martínez, os suevos asentáronse nun territorio “ya inmerso en un tránsito, todavía incipiente pero inexorable, hacia la implantación del Cristianismo como religión e ideología preponderante. Un tránsito en el que la Iglesia de época sueva tuvo que enfrentarse a graves problemas dogmáticos como el fenómeno priscilianista”.

O segundo momento queda fixado dende mediados do século VI ata o ano 585, no que se deixará sentir o que denominaron como ‘efecto san Martín’, que, segundo o conferenciante, é “consecuencia de las transcendentales actividades (pastoral, evangélica y, sin duda, sociopolítica) desarrolladas por San Martín de Dumio en la Gallaecia, tanto entre la élite dirigente sueva como entre los rustici”. Foi aquel un momento de fervenza misioneira na Igrexa sueva que, explica Artemio Martínez, naquel entón comezaba a exercer o seu control de maneira efectiva “más allá del suburbium, sobre el territorium”.

O conferenciante foi presentado polo compañeiro comisario, Jorge López Quiroga.

Os dous momentos citados tiveron a súa influenza no desenvolvemento da arquitectura relixiosa da Gallaecia : “Una arquitectura cristiana de los siglos V y VI -que algunos consideran ‘paleocristiana’ pero que nosotros preferimos denominar ‘de época sueva’- que estamos comenzando a conocer gracias a la Arqueología, aunque todavía falta mucho por estudiar e investigar”. Os textos debuxan unha paisaxe monumental da Gallecia no tempo dos suevos, salpicado de conxuntos episcopais, mosteiros e igrexas aldeás ou parroquias, “pero la realidad es que el rico y diverso patrimonio arquitectónico cristiano de la Gallaecia en el tiempo de los suevo todavía está, en su mayoría, por descubrir y por estudiar”.

​Artemio Martínez é doutor en Filosofía e Letras, división Xeografía e Historia – sección Historia da Arte – pola Universidad Autónoma de Madrid, adquiriu o grao de Douctor (2004) con unha tese sobre a arquitectura monástica do Reino de León no tempo de San Xenadio (séculos IX-X). Colaborou en máis dunha ducia de proxectos de investigación (tanto nacionais como internacionais), destacando a dirección e elaboración, entre os anos 2008-2009 -por encargo da Junta de Castilla y León- do Plan Director de San Miguel de Escalada (León), Monumento Nacional dende 1886; na actualidade forma parte do proxecto arqueolóxico que National Geographic desenvolve en San Pedro de Montes (León) baixo a dirección de Jorge López Quiroga e dirixe dende 2017, xunto ao mesmo, o proxecto La Tebaida berciana (ss. VII-XV), financiado pola Junta de Castilla y León. Ata o de agora publicou tres obras, dúas dedicadas a edificios monásticos altomedievais leoneses: San Miguel de Escalada (2005) e Peñalba de Santiago (2010), e a máis recente, publicada en 2017, dedicada ás ‘igrexas orientalizadas/arabizadas’ do Reino de León del siglo X.
​Investigador Contratado pola Universidad Autónoma de Madrid (2006-2008) e Técnico de Xestión no Ministerio de Cultura (2009), a súa principal liña de traballo e investigación, ao longo destos últimos 30 años, foi o estudo da arquitectura cristiana tardoantiga e medieval hispana (ss. IV-XIII), e a ela dedicou máis dun cento de traballos (entre monografías, artículos, comunicación e ponenzas) e conferencias. Especial relevancia na súa liña de investigación teñen os temas da arquitectura monástica e os dos espazos funerarios.
Acreditado desde 2010 pola ANECA coa Cat. de Prof. Axudante Doutor, é Investigador Colaborador do Institut de Recerca Històrica (Universitat de Girona) e Pesquisador Associado do Programa de Estudos Medievais do Instituto de Historia da Universidade Federal do Rio de Janeiro (Brasil).

Na actualidade desenvolve a súa carreira de funcionario na UAM ao tempo que forma parte do Consello de Redacción da revista Antigüedad y Cristianismo (Universidade de Murcia) i é evaluador da revista RAMPAS (Universidade de Cádiz); durante dous anos exerceu como Tutor Profesional das prácticas dos alumnos do Máster de Estudios Medievales da Universidad Autónoma de Madrid na Fundación Santa María la Real (Madrid) i é co-editor de varios volumes da serie ASLAEME, publicada no British Archaeological Report (BAR, Oxford).

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER