A Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao visitou In Tempore Sueborum

A patronal quixo facerse presente no proxecto para coñecer a investigación científica que agocha 

OURENSE, 11 de xaneiro de 2018.- A Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao fixo unha visita á exposición In Tempore Sueborum co gallo de coñecer este proxecto internacional organizado pola Deputación de Ourense. O colectivo de empresarios acudiu acompañado por outros directivos encabezados polo seu presidente, José Elías Mera Martínez, e foron recibidos no Centro Cultural Marcos Valcárcel polo asesor de Política Cultural da Deputación e coordinador xeral da exposición, Aurelio Gómez Villar. Este anuncioulles a envergadura do proyecto, algo nunca feito ata o de agora en Ourense, iniciativa de ámbito internacional e única en Europa, inaugurada o pasado 15 de decembro e que se mantén ata o 4 de marzo.

Os empresarios coñeceron a Gallaecia sueva cristianizada en Santa María Nai. FOTOS: Alberte Paz.

O presidente a patronal agradeceu que In Tempore Sueborum sexa unha realidade, do mesmo xeito que felicitou á Deputación por semellante iniciativa significando que fan falta proxectos serios e fortes como este na nosa terra, neste caso culturais e de investigación sobre a historia do noso pasado.

Tras as verbas de saúdo, o grupo empresarial púxose a disposición do guía e responsable de comunicación de In Tempore Sueborum , Jesús Manuel García, para comezar o percorrido. Con gran interese os participantes seguiron as explicacións e viron os contidos de cada vitrina contextualizados cos comentarios, de xeito que lles cambiou a perspectiva que tiñan sobre os pobos que os romanos chamaban bárbaros, grazas aos resultados da investigación que neste proyecto sen par en Europa permiten estudar a eses pobos desde a perspectiva das migracións.

No Marcos Valcárcel comprobaron como os romanos manipulaban a historia bárbara.

Os empresarios do Polígono amosáronse impresionados e moi satisfeitos con esta experiencia que tamén lles permitiu achegarse a coñecer que pasaba naquela Gallaecia romana cando se asentaron os suevos, feito que coincide coa etapa de consolidación do cristianismo, que é anterior nesta terra á chamada Gallaecia sueva.

Os participantes quedaron satisfeitos co visto na visita e algúns esperan volver coa familia.

Máis de un visitante interesouse polos horarios desta visita guiada sinalando que prevén repetir con outras persoas por considerar que a experiencia paga a pena dada a calidade, rigor e envergadura dun proxecto semellante. Os empresarios ourensáns engadíronse así á serie de colectivos da vida social, cultural, docente e empresarial de Galicia que teñen reservada unha visita a In Tempore Sueborum na cidade de As Burgas.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER