In Tempore Sueborum desvelará o misterio da igrexa de Santa María Nai

Un xeoradar precederá á excavación arqueolóxica  para buscar a catedral sueva

OURENSE, 17 de xaneiro de 2018.- O proxecto In Tempore Sueborum é moito máis que só unha exposición de xoias que forman parte do patrimonio nacional de dez países europeos. Agocha un amplo aparato de investigación científica que se reflexa no catálogo, nos contidos das vitrinas, no volume de próxima publicación sobre 60 temas a cargo de outros tantos especialistas internacionais, o ciclo de conferencias e algo máis. Ese algo máis é o interesante proxecto, xa anunciado, de investigar na histórica igrexa de Santa María Nai.

Fachada do edificio barroco da histórica igrexa.

Cando se desmonten as vitrinas desta gran exposición, sobre o pavimento da devandita igrexa vaise pasar un xeoradar que permitirá comprobar se procede levar a cabo a excavación arqueolóxica de tan interesante solar. Como é sabido, desde sempre vense dicindo, por parte de algúns cudadáns, que baixo esta igrexa barroca poidera atoparse o primitivo templo do século VI adicado a San Martín de Tours. Polo de agora o que hai é un debate científico ao respecto, é decir, que mentras uns especialistas veñen sostendo que no subsuelo de Santa María Nai poidera haber sorpresa, outros, como Carrero Santamaría consideran que non estaría aí a primitiva catedral. Ante esta inseguridade, In Tempore Sueborum vai permitir que se resolva o enigma de feito que ao longo do presente ano é posible que se poda actuar con rigor científico baixo as bóvedas do devandito templo.
O de pasar o xeoradar nun monumento ourensán non é novo, pois fai algún anos fíxose o mesmo na catedral, co apoio da Universidade de Vigo, e esa acción permitiu detectar alicerces do coro pétreo nos primeiros tramos da nave central, estruturas funerarias baixo a nave norte e restos metálicos, entre eles unha porta, a occidente.

Certamente baixo esta igrexa pervive un misterio. Olga Gallego sinala que este é o templo máis antigo da cidade, e que date probablemente do século VI. Aquela primeira igrexa foi reconstruida polo bispo Ederonio no 1084, tal como reza a inscripción sobre a porta lateral, pola que en tempos se accedía ao claustro e cemiterio desta igrexa. Trataríase dun inmoble románico, de pequenas dimensións, a xulgar por novas que nos quedan de Muñoz de la Cueva, pero Gallego sinala que as evidencias non nos permiten pensar nun edificio románico pois, fixándonos nas oito columnas tardorromanas ou xermánicas que luce a fachada barroca, xa fosen da primitiva igrexa ou dun edificio de carácter civil.

Este templo agocha baixo o seu pavimento un gran interrogante histórico e arqueolóxico.

Santa María Nai foi lugar de enterramento dos obispos de Ourense ata que se construiu a actual catedral. A documentación desvela o nome dalguns bispos inhumados en Santa María Nai, ben na capela que tiña adicada a San Ildefonso ou na de Santiago. O edificio que hoxe contemplamos é do século XVIII. Foi construido en 1722 por orde do bispo Juan Muñoz de la Cueva unha vez derribado o primitivo templo, acción acontecida no 1717 baixo o pontificado de Siuri.

Na fachada norte, sobre a porta, foi colocada unha inscripción en 1722 que alude á basílica que levantara Ederonio no século XI. Masdeu tradúxoa do latín e vén dicir: “Está abierta para todos la puerta de este sagrado templo. Los fieles cristianos derramen aquí sus corazones delante de Dios y lloren amargamente sus pecados y entrando así afligidos salgan alegres porque Jesucristo perdona las culpas a quien las confiesa y las llora. El obispo Ederonio empezó la fábrica de esta iglesia en la era de 1122, año de 1084”.

Nesta igrexa residían o estudo de Gramática da catedral así como a Cofradía de Santa María Nai. O debate segue aberto acerca de si no solar deste templo estaba a primitiva catedral da diócese. Eduardo Carrero Santamaría pensa que en Ourense a perda da catedral previa ou o feito de que poidese atoparse en obras levou“a la adaptación de un templo cercano o al uso de la capilla episcopal, en este caso Santa María la Madre, como catedral eventual”. Este investigador considera que non é fácil soster se o conxunto episcopal ourensán “gozó, desde un inicio, de dos iglesias dedicadas a la Virgen y a San Martiño”.

Carrero sinala que na súa dubidosa autenticidade o documento polo que Alfonso III restaurou a sede no ano 886 menciona unha advocación triple, á Virxe, a San Martiño e a San Xoan Bautista. Con este documento Núñez Rodríguez propuxo dúas liñas de interpretación, a primeira, que Ourense tería un templo coa citada triple advocación, e a segunda, que defendían López Alonso y Cuevillas, é a dau existencia de dos templos, uno para o bispo, o de Santa María, e outro para os fieis, o de San Martiño. E a estes templos habería que engadirlle un terceiro inmoble como baptisterio, adicado a San Xoan Bautista.

Non cré Carrero que en Ourense se poda falar dun conxunto episcopal con catedral doble pois sinala que a existencia de dous templos paralelos basease en “testimonios legendarios, en piezas reaprovechadas y en la generalizada opinión de una mayor antigüedad de Santa María la Madre frente a San Martiño”. Benito Fernández Alonso e Del Castillo sostuveron que Santa María Nai non existiu antes do século XI, que é cando a edificou Ederonio “para hacer las funciones de catedral, ante el lamentable estado en que debía hallarse la original iglesia prerrománica de San Martiño”. Esa igrexa pequena acolleu o culto catedralicio ata, di Carrero, perto do ano 1132, momento no que se empezaría a levantar a actual basílica, consagrado o seu altar en 1188. Parécelle evidente que ese templo edificado por Ederonio era unha fundación ex novo.

Segundo Del Castillo, os famosos capiteis procederían da orixinal e primitiva catedral de San Martiño. Carrero Santamaría sinala que dacordo co sustrato tardorromano sobre o que se levantan tanto a igrexa de Santa María como o resto do pazo episcopal ourensán, “los capiteles pudieron reaprovecharse de otro edificio de la zona”. Por elo conclúe que a sede catedralicia desta cidade ubicábase “en un lugar similar al actual”, que disporía, ao norte, dunha capela bautismal adicada a San Xoan Bautista, e dun adro. Ederonio, pola súa banda, mandaría edificar Santa María Nai co obxectivo de celebrar nela o culto episcopal mentras se reformaba a sede de San Martiño, moi estragada polas incursións foráneas. Noutras diócesis deuse o caso de uso dunha igrexa auxiliar á catedral, pensemos en Tui, en Astorga, tamén en León e en Ciudad Rodrigo. Santa María Nai nunca tivo o carácter de igrexa autónoma, como se fose un templo parroquial porque dependeu sempre do Cabildo da Catedral.

Rivas Fernández tamén defende que a función de Santa María Nai sería máis secundaria engadindo que “la tan mentada aula u oratorium -equiparable por tanto a una ecclesiae martirial-, luego bajo el patronazgo de San Martín de Tours, estuvo situada más o menos en donde luego se levantó la catedral románica, que como es natural seguiría dedicada igualmente al Torunense”. E insiste en que a obra románica da catedral “no se levantó en solar de nuevo cuño, disociado o desconectado del recinto sagrado preexistente, sino que es la directa heredera de otra u otras edificaciones sagradas que como ecclesiae de santos se asentaron en este mismo lugar”.

A investigación sacaranos pronto de dúbidas. ¿Que sería o máis espectacular que pudese aparecer baixo Santa María Nai? Sen dúbida, os restos dese suposto templo do século VI, adicado ao santo de Tours. Se así fose, estaríamos falando do primeiro templo da cristiandade coa advocación do turonense. En In Tempore Sueborum amósase o texto dunha loubanza que a este santo dedicoulle no século VI Martín de Dumio ou de Braga. E nesa loa destaca a edificación dunha igrexa de gran altura. ¿Atoparémola baixo a fábrica barroca actual? Aquí hai que subliñar a excelente disposición para estes traballos que, xunto coa Deputación, demostrou o bispo de Ourense, Leonardo Lemos.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER