Baltar anunciou en Fitur que In Tempore Sueborum inicia os trámites para prolongala ata o 6 de maio

No seu primeiro mes de apertura obtivo un millón de impactos nos medios de comunicación e redes sociais

MADRID, 18 de xaneiro de 2018.- A exposición internacional In Tempore Sueborum, única en Europa sobre o mundo suevo, organizada pola Deputación de Ourense, inicia os trámites oportunos para conquerir a súa ampliación ata o 6 de maio. Así o anunciou o seu presidente, Manuel Baltar, no acto de presentación da mesma na Feria Internacional de Turismo de Madrid (Fitur). Esta ampliación de dous meses xustifícase nos bos resultados acadados xa que In Tempore Sueborum superou, no seu primeiro mes, todas as expectativas fixadas polos seus organizadores. Por medio dos diferentes canais utilizados para a súa difusión, que inclúen tanto aos medios tradicionais, webs, prensa especializada e redes sociais, a exposición chegou durante este mes a unha audiencia superior a 1.000.000 de persoas, como subliñou Baltar. O presidente sinalou que en visitantes xa supera os 10.000.

Manuel Baltar ofreceu os bos resultados que está acadando a mostra. FOTOS: Alberte Paz.

O maior impacto deuse nos xornais de información xeral, especialmente os galegos, pois nesta primeira fase eran os considerados prioritarios. Así, mediante este canal, e sumando tamén as webs de información e as publicacións especializadas, “la exposición ha tenido una audiencia por encima de las 800.000 personas”, destacou o presidente da Deputación ourensá.

Mediante as redes sociais, especialmente Facebook e Tweeter, pero tamén Instragram, a exposición sobre o tempo dos suevos chegou, manifestou Baltar, a máis de 200.000 dispositivos, entre os que se inclúen móbiles, tabletas e ordenadores.

En canto aos territorios que amosaron un maior interese, en primeiro lugar se atopa Galicia, tal e como era o obxectivo primeiro dos organizadores, e en particular as provincias de Ourense e A Coruña, seguidas de Pontevedra e Lugo, por esta orde.

Fora de Galicia, In Tempore Sueborum causou especial interese na Comunidad de Madrid, Cataluña, Castilla y León e Andalucía, tamaén por esta orde, polo que nesta segunda fase, que arranca co segundo mes de exposición, o obxectivo será atender a demanda de información e visitas por parte destos territorios, así como a difusión dos seus contidos no resto de comunidades do país.

Xa por último, fora de España o maior impacto a través das redes sociais produciuse en Gran Bretaña. A difusión e promoción da exposición alén das fronteiras de España será outro dos obxectivos para esta fase, prestando especial atención a Portugal. Baltar tamén comunicou que desde hoxe vai un anuncio da exposición en todos os cabeceiros de asientos dos trenes con destino a todo o Norte de España.

Jorge López Quiroga repasou contidos e espazos da exposición.

O comisario Jorge López Quiroga fixo unha breve exposición de In Tempore Sueborum salientando os temas que se desenvolven en cada ún dos tres espazos ubicados noutros tantos edificios históricos da capital ourensá, salientando, como fixera o presidente, o carácter único dun evento científico e cultural sen par en Europa:“Es la primera vez que se exponen juntas las silicuas de plata de Requiario en España”, sinalou, engadindo que tamén é a primeira vez que se ve xunta en España “tanta moneda sueva como los tremís de oro de imitación” romana. Incluso é a primeira ocasión, tanto en España como en Portugal, na que se pode ver unha diadema de ouro e un anel de ouro e granates, procedentes do Museo Nacional de Arqueoloxía de Lisboa, ata fai uns meses desaparecidos. Grazas a In Tempore Sueborum foi posible estudalos e demostrar que son dúas xoias que encaixan sen fisuras nesta exposición e así se poden ver na vitrina onde se atopa o enxoval e depósitos funerarios de Beiral, Ponte de Lima, Portugal. Incluso se mostran obxectos arqueolóxicos de Galicia que por vez primeira é posible contemplalos xuntos e debidamente contextualizados na súa época histórica.

Ana Pastor salientou a importancia de In Tempore Sueborum no cultural e no político.

A presidenta do Congreso dos Diputados, Ana Pastor, pechou o acto en Fitur salientando que se trata de “una exposición magnífica, un motivo más para visitar Ourense”, animando aos presentes a viaxar á cidade de As Burgas. Referiuse á importancia que tivo aquel lonxano reino suevo, os seus ecos na política europea, polo que “significa de transformación de la vida de aquellas gentes, y de ahí habrían de surgir las naciones europeas”.

O acto de presentación tivo lugar no medio de gran rebumbio, no stand da Xunta de Galicia. Alí estaban Paolo Vasile, presidente de Mediaset, Pino Sagliocco, de Live Nation e Manuel Villanueva, de Tele 5. Tamén se encontraba a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Mouteira; o alcalde da cidade, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; deputados como Carmen Leyte, Celso Delgado, Moisés Blanco, Ana Belén Vázquez; o xerente de Expourense, Alejandro Rubín entre outros. O stand dea Xunta segue sendo un constante punto de encontro de profesionais para establecer contactos con esta terra. A presentación de In Tempore Sueborum seguiu á do turismo deportivo e á dos trenes turísticos. Tres aspectos para demostrar a potencia turística da provincia de Ourense. Tamén se atopaban Javier Guillén, director xeral da Vuelta; Roberto Sánchez, director de competición de Suzuki; Luis Brasero, entrenador da Selección Española de Piragüismo e Javier Pardo, campeón ourensán do motor.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER