In Tempore Sueborum viaxa en todos os trenes con destino ao Norte de España

Renfe colabora coa Deputación de Ourense promovendo a maior exposición europea sobre o mundo suevo

Ourense, 19 de xaneiro de 2018.- Renfe está promocionando a exposición In Tempore Sueborum nos seus trenes con destino ao Norte da Península. Desde onte e durante os vindeiros días, todos os cabezais das butacas de todas as circulacións que parten desde Alicante, Barcelona e Madrid con destino ás ciudades de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, lucen o logotipo e datos da maior e única exposición europea sobre o tempo dos suevos, que está organizada pola Deputación Provincial de Ourense.

Miles de viaxeiros que ao longo de cada xornada viaxan neses servizos ferroviarios poden ver xa e coñecer os datos e redes sociais de In Tempore Sueborum. Así se ofrecen as direccións de Facebook, Tweeter, Instagram e a páxina web.

Imaxe do Alvia que a primeira hora saíu de Madrid-Chamartín rumbo a Bilbao e San Sebastián. FOTOS: Cortesía de Renfe.

Este é un xeito importante de promoción porque vai ser visto por cantas persoas suban a eses trenes, que son miles cada día. Esta acción visual en cada butaca dos coches, compleméntase coa información que sobre esta exposición vén ofrecendo desde decembro a compañía ferroviaria española mediante o seu blog, medio que o ano pasado foi visto por millóns de persoas.

Trátase dunha das colaboracións que In Tempore Sueborum manterá en revistas especializadas co obxectivo de chegar a un público aínda máis amplo, á vista dos resultados positivos acadados nas súas primeiras catro semanas de vida, nas que que rexistrou un resultado mediático de un millón de impactos. Precisamente este é o motivo que levou aos organizadores a iniciar os trámites oficiais para conseguir que, se en principio a exposición estaba previsto clausurala o 4 de marzo, lograr prolongala ata o 6 de mayo, como anunciaba o presidente Manuel Baltar, ante un concurrido auditorio en Fitur o pasado xoves.

Os cabeceiros espallan pola Península a exposición sobre o tempo dos suevos.

O público que enchía o espazo no que falou o presidente da Deputación ourensá viu por que esta exposición é única en toda Europa, razóns que foron debulladas polo comisario Jorge López Quiroga. Non é fácil ter ao alcance da vista 262 piezas que son tesouros nacionais de 10 países do continente europeo, obxectos que se conservan en 39 museos. O mesmo público que comprobou que hai razóns suficientes para organizar unha viaxe a Ourense cos atractivos ofrecidos en Fitur, que a converten nun paraíso de turismo de interior e calidade.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER