Fitur catapulta a In Tempore Sueborum ao panorama nacional

O vídeo emitido por Tele5 e Cuatro foi publicado por Xornalistas de toda España e un portal iberoamericano chegando a millóns de persoas

OURENSE, 22 de xaneiro de 2018.-A presenza de In Tempore Sueborum en Fitur tivo un impacto importante para a exposición en medios de comunicación de toda España. Así, tras facerse eco do vídeo da mostra Tele5 nos seus informativos de onte, domingo, así como o Canal 4, varios diarios españois deron cobertura ao devandito vídeo no que se amosa o contido dos tres espazos que configuran a máis importante exposición sobre o tempo dos suevos que nunca antes de organizara en Europa.

A intervención de Baltar en Fitur foi un detonante do espallamento da mostra en España. FOTOS: Alberte Paz.

Millóns de espectadores viron o vídeo emitido nas dúas canles xeneralistas de cobertura nacional. Horas despois, ese vídeo foi subido ás webs de diarios como La Voz de Galicia, La Región, El Comercio de Gijón, ABC; La Rioja, de Logroño, El Ideal de Granada; Las Provincias, de Valencia, El Correo de Bilbao; el Diario Vasco, de San Sebastián; El Diario Montañés, de Santander, Público, El Correo Gallego e o portal Iberoamérica.net, que o espallou entre o público dos países do outro lado do Atlántico. Segundo os primeiros resultados, esta promoción converte a In Tempore Sueborum no evento cultural máis importante de cantos houbo na provincia de Ourense. En canales locais estivo presente en Telemiño.

O alcance mediático de apenas dous días sumarase ao rexistrado no primeiro mes de vida desta exposición, que foi dun millón de impactos. O mesmo domingo, a TVG emitía unha reportaxe desde a sala do Centro Cultural Marcos Valcárcel, que foi visto na Revista Fin de Semana, en toda a comunidade galega e nas redes.

Polas visitas guiadas xa pasaron perto de dúas mil persoas.

A isto engádese a importante promoción que Renfe, en colaboración coa Deputación de Ourense, está levando a cabo de In Tempore Sueborum tanto no seu blog como nos cabeceiros dos asientos de todos os trenes Alvia con destino a Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, trenes que saen de Madrid, de Barcelona ou de Alicante.

A exposición superou xa os 10.000 visitantes, como anunciou o pasado xoves en Fitur o presidente Manuel Baltar. Entre eses visitantes están os 2.000 que xa participaron nas visitas guiadas diarias e nas didácticas dos colexios.

E polas tres conferencias celebradas polo de agora no Foro La Región pasaron arredor de 660 persoas, tendo en conta queol salón, con 200 butacas, estivo nesas ocasións cheo, engadindo as 20 persoas que poden seguir o acto de pé.

In Tempore Sueborum está colleitando bos resultados aos poucos días da sçúa posta en marcha. Aínda quedan semanas pois anque o seu peche está previsto, en principio, para o 4 de marzo, tamén é certo que se está en fase de tramitación para “levala ata o 6 de maio”, como sinalou Manuel Baltar.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER