Michel Kazanski analizou en In Tempore Sueborum o seu concepto de moda póntico-danubiana

O especialista dixo no Foro La Región que a arqueoloxía funeraria é a ferramenta para coñecer a difusión desa moda 

OURENSE, 22 de xaneiro de 2018.- O profesor Michel Kazanski, director de Investigación do Consello Nacional de Investigación Científica de Francia (CNRS), falou en Ourense sobre o concepto da súa autoría, a moda póntico-danubiana en Occidente, mediante o mundo funerario dos séculos V e VI. Fíxoo no ciclo de conferencias de In Tempore Sueborum dentro do Foro La Región. Kazanski referiuse á Europa das grandes migracións, entre os anos 375 e 568, distinguindo aquí dous tipos de migracións, en primeiro lugar, a invasión dos grupos militares parciais, como os vándalos, suevos e alanos no 406; por outra banda, o éxodo de pobos enteiros, como o caso dos Longobardos, no ano 568.

Kazanski é unha autoridade na história da Tardoantigüidade. FOTOS: Alberte Paz.

Explicou o profesor que os pobos europeos considerados bárbaros polos romanos son, ante todo, formacións sociais e políticas reunidas “alrededor de un jefe carismático”. Sobre o territorio do Imperio Romano, estas formacións, sinala o conferenciante, entraron en contacto coa población romana e formaron xuntos os reinos romano-xermánicos que prefiguraron o mapa da Europa actual. Trátase de estruturas xerárquicas e militarizadas onde o rei é a figura central do poder e a pirámide social constrúese sobre os alicerces de alianzas militares arredor do rei.

Sinala Kazanski que a civilización material, ou sexa, o conxunto de obxectos arqueolóxicos comúns para toda a poboación dun reino romano-xermánico, se manifesta especialmente desde os obxectos da vida cotiá, as ferramentas, armas, etc. Dí o profesor que unha certa diferenza entre os romanos autóctonos e os bárbaros recén chegados dase ás veces desde a moda femenina e de certas costumes etnográficas. Elo é sobre todo característico, manifesta o conferenciante, ao comezo dos reinos romano-xermánicos. “La moda vestimentaria póntico-danubiana es una de estas manifestaciones bárbaras. Se configuró al Norte del Mar Negro hacia el año 400 y reúne componentes culturales germánicos, alano-sármatas y greco-romanos”, dixo o profesor. Segundo el, o éxito desta moda explícase polo enorme prestixio dos Hunos entre os Bárbaros. Foron os Hunos e os seus aliados subordinados, xermanos e alanos, quenes dirixiron as modas e costumes de Oriente a Occidente.

Público de varios sitios seguiu a conferencia no Foro La Región.

Segundo este experto, o papel central desenvuelto polo “imperio” de Atila desde a vida política e económica do mundo dos Bárbaros é evidente. O embaixador bizantino Pruscus, que visitou a corte de Atila, deu testemuña da diversidadee heteroxeneidade das élites hunas, que ían promover a nova moda póntico-danubiana. “Los sitios arqueológicos funerarios representan nuestro principal recurso de conocimiento sobre la difusión de las modas textiles y de las costumbres tradicionales. En España también se detectan tumbas aisladas y grandes necrópolis con centenares de tumbas”, sinalou o conferenciante.

Grazas ás tumbas dos membros das élites coñecemos a civilización principesca da época das Grandes Migracións na Europa central e oriental. O horizonte máis antigo coñecido como Untersienbrunn pertece á primeira metade do século V. A época de Atila, a mediados do século V está representada no Este polas tumbas principescas do horizonte de Smolin, presentes na exposición ourensá.
As tumbas femeninas privilexiadas no Occidente romano no horizonte Untersienbrunn son coñecidas na Galia, sirvan como ejxmplos Airan en Normandía ou Hochfelden en Alsacia, esta última á vista en In Tempore Sueborum. Este tipo de sepulturas foron igualmente sacadas á luz en España, notablemente en Mérida: “Algunos de estos hallazgos como los de Granada-Albaicín han sido relacionadas con la migración de vándalos y alanos”, indicou o experto. Tamén en África se detectan elementos da moda póntico-danubiana a traverso dos vándalos, de maneira especial en Kudiat-Zateur e Thuborbo-Majus, sinala Kazanski.

Resulta máis difícil distinguir as tumbas dos homes xa que a súa moda é máis internacional. Así, a tumba de Arifridos, en África del Norte é típicamente romana polo que o difunto, segundo a inscripción sobre o mosaico funerario, tiña nome xermánico. Este aspecto tamén se reflea en In Tempore Sueborum. Explica Kazanski que a democratización da moda principesca femenina procedente do Este deuse entre os anos 450-500 e ten a súa manifestación desde as grandes necrópoles como as de Duratón ou Castiltierra. Indica o doutor que as tumbas femeninas de tradicións xermánicas orientais imitan a moda principesca do horizonte de Smolin.

O conferenciante foi presentado por Jorge López Quiroga.

Kazanski sinala que no norte da Galia hai dúas explicacións para as tumbas principescas: unha, que poda tratarse dos godos fuxidos ao norte tra-la derrota de Bouillée no 507 ou ben tumbas de familias de soldados do que quedaba do exército romano nesa zona e que agora estarían formando parte do exército dos merovinxios. Por todo elo, estas sepulturas da zona fronteiriza do Rin pertecerían aos xefes bárbaros que estaban ao servizo militar imperial. Un exemplo témolo en Beja, Portugal, que sería o sepulcro dun xefe bárbaro ou servizo de Roma.

No que á vestimenta masculina “bárbara” pertecente á “clase media” se refire, é moito máis difícil de documentar posto que case sempre se trata de vestimentas que son réplicas do traxe militar internacional. A pesares delo, a vestimenta femenina é máis etnográfica polo que resulta moito máis fácil de identificar. Os pendentes con deseño tipo croissant ou os espellos metálicos inscríbense nesta “clase media”.

A modo de conclusión, Kazanski sostuvo que se pode constatar que a difusión da moda póntico-danubiana no occidente romano “constituye un indicio seguro de la presencia de bárbaros orientales en el territorio del imperio romano. Sin embargo, es necesario subrayar que la moda es, sobre todo, un fenómeno cultural que más temprano que tarde acaba englobando a los diferentes grupos poblacionales de orígenes diversos”.

Michel Kazanski nasceu en Riga (Letonia) o 24 de marzo de 1953. A súa formación académica desenvolveuse nas Universidades de San Petersburgo, Academia de Ciencias de Rusia (Moscú) e Universidad de París I (Francia). Actualmente é director de investigación no Consello Nacional de Investigación Científica de Francia (CNRS) na Sección de “Historia y Civilización de Bizancio” do Colexio de Francia, en París.
As súas numerosas publicacións, máis de dous centenares longos de artigos en revistas científicas e actas de congresos, así como unha vintena de monografías como autor e/ou editor, céntranse nas súas dúas principais liñass de investigación: a “Arqueoloxía dos pobos bárbaros”, na denominada como época das Grandes Migracións (séculos IV ao VI d. C.), e a “Civilización material protobizantina” (entre os séculos IV e VII d. C.). É membro  da Comisión Nacional Francesa de Bizantinistas, membro do comité editorial da colección Colloquia Pontica (Lovaina-París), da Revista Ancient West & East (Lovaina-París), da Revista de Estudios Militares Antiguos (editorial Picard, París), da Revista Stratum Plus (Escuela Superior de Antropoloxía, Kichinev, Moldavia) e da Revista Археологiя (Instituto de Arqueoloxía da Academia Nacional de Ciencias de Ucrania, en Kiev).

É ún dos máximos especialistas neste eido a nivel internacional e os seus traballos son unha referencia ineludible para os investigadores deste período coñecido como Antigüidade Tardía. A él débese a acuñación do termo “moda danubiana” para definir o tipo de vestimenta común das élites bárbaras entre o Póntico e o Norte de África entre os séculos IV e VI d. C, tema da súa intervención no ciclo de conferencias de In Tempore Sueborum. A súa colaboración foi fundamental na xestión i elección das pezas pertecentes a diversos museos centroeuropeos que participan na exposición.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER