A revista da aeroliña portuguesa TAP promociona In Tempore Sueborum

Up Magazine ten máis dun millón de lectores en inglés e portugués

OURENSE, 25 de xaneiro de 2018.- A exposición In Tempore Sueborum viaxa este mes coa compañía portuguesa TAP facéndose presente nas páxinas da revista de a bordo, Up Magazine. Neste número de xaneiro a revista ofrece unha reportaxe sobre a Braga espiritual, no que percorre coa compositora de electroacústica Beatriz Ferreyra a patrimonial cidade de Braga.

Nun dos apartados da reportaxe Up Magazine refírese a In Tempore Sueborum animando aos seus clientes a visitar Ourense e recordándolles que a TAP tamén “voa para Vigo e Ourense”. Segundo esta publicación aérea, o viaxeiro descobrirá a cidade de Auria “e nela uma exposiçao imperdível” para ver a exposición sobre o tempo dos suevos e o seu reino na Gallaecia, cuxa capital foi precisamente a cidade romana de Bracara Augusta, a actual Braga.

Deste xeito a TAP, mediante a súa revista, ofrece aos seus milleiros de viaxeiros en todos os seus voos cada día esta referenza para que cidadáns portugueses ou doutras nacionalidades acudan a Ourense a coñecer a máis importante exposición nunca ata o de agora montada en Europa sobre o tempo dos suevos, en na que Portugal ten nela una parte importante do seu patrimonio arqueolóxico.
Up Magazine foi distinguida internacionalmente como a mellor revista de a bordo por diversos medios de comunicación. Xunto a ela comparten a mesma distinción as marcas Marie Claire española, o RES Trave Magazine escandinavo e o portal norteamericano UCity Guides. Este produto edítase mensualmente e atópase dispoñible en portugués e en inglés. A audiencia desta revista supera o millón de lectores.

Portugal está representado en In Tempore Sueborum con 83 pezas procedentes de seis museos:  Museu Nacional de Arqueologia de Lisboa, Casa do Infante, Museu Arqueológico D. Diogo de Sousa, Museu Monográfico de Conímbriga; Museo Diocesano Pío XII de Braga e Solar Condes de Resende.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER