O Grupo Parlamentario do PP de Galicia coñeceu a mostra sobre o tempo dos suevos

Os asistentes amosaron o seu apoio a In Tempore Sueborum 

OURENSE, 29 de xaneiro de 2018.-O Grupo Parlamentario do Partido Popular no Parlamento de Galicia visitou hoxe a exposición internacional In Tempore Sueborum, visita incluida nunha xornada que desenvolveron na cidade de As Burgas. Os parlamentarios foron recibidos no Centro Cultural Marcos Valcárcel polo presidente do PP provincial, Manuel Baltar, e polo presidente do PP de Ourense cidade, Jesús Vázquez Abad.

Os asistentes foron guiados por Jesús Manuel García. FOTOS: A. Carnero.

Tras unhas palabras de benvida, os parlamentarios dirixíronse á sala onde está unha das tres partes da exposición para comezar o seu percorrido guiados polo noso responsable das visitas e da comunicación, Jesús Manuel García. Así, os asistentes coñeceron os segredos dese mundo que os romanos chamaban bárbaro, mundo mediatizado por eles, de xeito que ao remataren a visita comprobaron como cambia a situación, grazas á investigación que ofrece a arqueoloxía funeraria das tumbas das élites deses pobos non romanos.

A visita transcurriu pola sala do Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Dado o horario só foi posible ver esta primeira sala pero foi suficiente como para que os parlamentarios se amosasen satisfeitos co que viron e escoitaron. Non descartan, moitos deles, voltar a Ourense noutra ocasión próxima para completar o percorrido polos dous espazos restantes nos que se desenvolve este proxecto científico e cultural que xa vai por riba das 10.000 visitas nun mes e máis de dúas mil nas visitas guiadas que teñen lugar de luns a sábado.

VOLVER