Profesores universitarios de Marrocos visitaron In Tempore Sueborum

Forman parte dun proxecto Erasmus para mellorar a inserción e visibilidade profesionais

Ourense, 31 de xaneiro de 2018.- Unha vintena de profesores universitarios procedentes de todas as universidades de Marrocos, tamén de Cádiz e de Europa, visitaron este mércores In Tempore Sueborum. Son os integrantes do Proxecto EVAL, que é una iniciativa Erasmus para o traballo das competenzas  e a valorización de aptitudes para mellorar a inserción e visibilidade profesionais. Dito proxecto europeo propón desenvolver unha plataforma dixital para as universidades marroquís que lles permita implementar o enfoque do portafolio electrónico. A súa finalidade é mellorar o valor dos resultados de aprendizaxe e as experiencias nas universidades marroquíes, promover a orientación educativa e profesional, a mobilidade e a aprendizaxe permanente do alumnado marroquí universitario e permitir que as empresas marroquíes coñezan as competencias dos licenciados universitarios.

Os visitantes escoitaron as explicacións que lles deu Jesús Manuel García. FOTOS: Alberto Carnero.

O proxecto construirá unha interfaz intelixente que permita ao alumno capitalizar a súas experiencias e cultivar a súa identidade dixital, á Universidade marroquí desenvolver a súa visibilidade dixital e ás empresas marroquíes leer mellor as competencias dos egresados.

Os profesores coñeceron os tesouros arqueolóxicos das vitrinas.
Na visita viron como todo xira arredor das migracións.

Esta delegación internacional dedicou uns minutos da tarde a ver a exposición sobre o tempo dos suevos, sendo guiados por Jesús Manuel García. Entre os participantes figura a Universidade de Vigo coa súa Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER