O ADN antigo protagonizou a nova conferencia de In Tempore Sueborum

O biólogo Carles Lalueza falou no Foro La Región da aplicación do ADN para aportar luz nos procesos migratorios 

OURENSE, 5 de febrero de 2018.- A forma en que os diferentes horizontes arqueolóxicos contribuiron á construción xenética dos europeos actuais foi durante décadas motivo de debates e controversias. A principios do século XXI, as novas tecnoloxías de secuenciación masiva permitiron recuperar xenomas completos de individuos que viviron fai milleiros de anos. “Xa dispomos de casi mil xenomas de diferentes rexións e periodos e, por primeira vez, podemos estudar os procesos migratorios en directo, no espazo e o tempo”, di o especialista. Esta exploración do noso pasado ten todos os compoñentes de unha auténtica aventura científica, e revolucionou o coñecemento do pasado.

Jorge López Quiroga presentou ao científico convidado. FOTOS: Alberte Paz.

Carles Lalueza Fox (Barcelona, 1965) é un biólogo experto no estudo do ADN antigo. Licenciado e doutor en Bioloxía pola Universidad de Barcelona, traballou nas universidades de Cambridge e Oxford así como na compañía privada de xenética de CODE Genetics de Islandia. Desde o 2008 desenvolve o seu labor no Instituto de Biología Evolutiva (CSIC-Universidad Pompeu Fabra). É especialista en técnicas de recuperación de ADN de restos do pasado, en reconstrucións filoxenéticas de especies extintas, na reconstrucción de migracións pasadas nas poboacións humanas e na xenética evolutiva dos neandertais. No 2010, publicouse na revista Science un estudo dirixido por Svante Pääbo onde se demostraba por primeira vez a presenza de ADN neandertal na especie humana actual, Homo sapiens. Lalueza foi un dos cincuenta investigadores que colaboraron neste proxecto.

Gañador, no ano 2001, do VII premio europeo de Divulgación Científica, promovido pola Universidad de Valencia, polo libro “Razas, racismo y diversidad”.Tamén gañou o VII premio de Literatura Científica promovido pola Fundació Catalana per la Recerca, polo libro “El color bajo la piel”, no ano 2002. De igual modo, no 2005 levou o primeiro premio internacional de ensaio Esteban de Terreros (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología) polo libro “Genes de Neandertal”. Ese mesmo ano conqueriu o XVIII premio Prismas Casa das Ciencias (A Coruña) polo libro “Cuando éramos caníbales”.

VOLVER