O ungüentario de In Tempore Sueborum que representa a loita de Vigo polo seu patrimonio

A peza que se expón mobilizou años atrás á cidade para esixir á Xunta a súa devolución 

OURENSE, 8 de febreiro do 2018.- Recentemente visitaron In Tempore Sueborum os membros da Asociación Amigos dos Pazos, cuxa sede está en Vigo. Aparentemente este colectivo non ten relación coa exposición mais non lle falta. Nunha das vitrinas da igrexa de Santa María Nai exponse cerámica de importación. E entre esas pezas destaca un ungüentario que non é un obxecto calquera. É o ungüentario de Vigo, polo que a cidade movilizouse no seu día para esixir á Xunta a súa devolución. Trátase dun exemplar bizantino atopado no ano 2002 durante un control arqueolóxico levado a cabo nas obras de prolongación do túnel de O Areal.

Como a Xunta o levara para Santiago, a devandita asociación, co apoio doutros colectivos ciudadáns vigueses, iniciaron unha intensa campaña, cuxa actividade comezou no 2005. Publicaron un manifesto titulado El ungüentario es de Vigo. Xunto a esta campaña, a Asociación Amigos de los Pazos iniciaba outra para borrar a idea xeralizada de que Vigo é unha cidade sen historia. O ungüentario converteuse nun símbolo da loita de toda unha cidade por recuperarlo. Eran os tempos do conselleiro de Cultura Jesús Pérez Varela, que ordenou se levase a peza a Santiago. A súa sucesora, Ánxela Bugallo, resistiuse a devolvérllelo á cidade olívica.

A peza cerámica fora atopada nas obras de prolongación do túnel do Areal. FOTOS: Alberte Paz.

Aquela campaña reuniu sinaturas de 3.800 persoas e adheríronse entidades, asociacións e personalidades varias. A campaña fíxose moi presente nos medios de comunicación. O 18 de outubro do 2006 a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso do Concello de Vigo e declaraba que era facultade discrecional, non arbitraria, da Xunta fixar o museo no que debía custodiarse a peza. Tras unha intensa campaña, o 12 de marzo do 2008 chegaba a resolución do TSXG pola que requeriu á Consellería de Cultura para que respostase si ía cumplir de forma inmediata o acordo do Parlamento de Galicia, de devolver o ungüentario a Vigo. A consellería contestou dicindo que ía depositar a peza arqueolóxica no Museo do Mar, ubicado en Vigo, retirándoa do Museo das Peregrinacións en Santiago. Estes días pódese contemplar en Ourense na exposición sobre o tempo dos suevos. Pero os Amigos de los Pazos aínda desexan que en vez de ter o seu lugar de custodia no museo de Alcabre acabe sendo depositado no Museo Quiñones de León, en Castrelos, Vigo.

Estes obxectos servirían para conter agua de mananciais próximos aos santos lugares ou óleos dos templos da Terra Santa para os doentes.

Esta peza é común en áreas mediterráneas orientais, especialmente en Palestina, Turquía ou Siria. Na Península Ibérica concéntranse os exemplares documentados nas zonas costeiras dos principais núcleos bizantinos da Hispania bizantina, na costa mediterránea. Que aparecera en Vigo está relacionado co desenvolvemento comercial a gran escala co Mediterráneo oriental entre os séculos VI e VII. O ungüentario é un pequeno contedor cerámico de forma fusiforme cunha dimensión que non sobrepasa os 22 centímetros.

Ten aspecto tubular perto da boca, onde salienta unha pequena orla que se identifica como elemento de tope para o tapón. As  do corpo vanse engrosando a medida que chega á base apontada, o que lle da unha robustez á peza que permite garantir a seguridade do contido durante o seu transporte.
A color ocre alaranzaxa débese á súa cocción a elevadas temperaturas e o acabado fíxose mediante un engobe aplicado por inmersión, que non cubre toda a peza. No seu interior conserva marcas de torneado e resinas impermeabilizantes. Perto da base presenta un selo estampillado de tipo cruciforme. Esta clase de ungüentarios está moi espallada en Éfeso e Saraçhane. Ese tipo de estampillas podería porse en relación con nomes de altos funcionarios eclesiásticos, de modo hipotético. O contido descoñécese mais probablemente contuvese auga bendita. Pero non menos certo é que ao estar revestido interiormente por esas resinas ben puidera dedicarse o recipiente a conter ungüentos santificados para uso de enfermos. Por elo a súa distribución está asociada ao contexto das peregrinacións que se facían a Tierra Santa, iniciadas no século IV.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER