A asociación Urbs Regia alaba a calidade da exposición In Tempore Sueborum

O colectivo cultural con sede en Toledo visita esta fin de semana a mostra e outros monumentos senlleiros de Ourense 

OURENSE, 17 de febreiro de 2018.- A Asociación Urbs Regia, entidade cultural nacional, visitou este sábado a exposición internacional In Tempore Sueborum de Ourense. Un total de 25 membros viaxaron desde Toledo e Madrid para pasar esta fin de semana na cidade de As Burgas e ver detalladamente a mostra máis importante de Europa sobre a época dos Suevos.

Jorge López Quiroga guiou aos socios na mañá do sábado. FOTOS: Alberte Paz.

A presidenta, Pilar Tormo, explicou que esta exposición é “extraordinaria, muy bien explicada, con una profundidad y una didáctica magníficas y un itinerario expositivo que nos ha aclarado perfectamente cuál es el primer Reino Medieval de Europa, incluidos sus orígenes cristianos y su implicación en los orígenes de Europa”. Tormo sinalou que “los ajuares funerarios son espectaculares”. É difícil elixir unha peza, pero Tormo indica que quizás, para abrir unha publicación, na portada podería estar unha silicua de Requiario, primeiro  monarca suevo que acuña moeda  coa súa efixie, “que es el símbolo de poder acuñar moneda encima de poseer el poder territorial y la independencia. Puede ser está por el motivo simbólico, pero no por el material, porque resultaría imposible elegir una sola pieza”.

Urbs Regia fará de promotora da gran exposición da Deputación ourensá.

Os membros  da asociación chegados atópanse en Ourense desde o venres, e regresarán ás súas cidades este domingo, día 18. A maior parte destes socios son profesionais liberáis, profesores universitarios, médicos, enxeñeiros, etc. que comparten a mesma paixón pola defensa e divulgación rigorosa do patrimonio cultural.

Os visitantes gozaron coas pezas da arqueoloxía funeraria.

O obxectivo de Urbs Regia é investigar, protexer e difundir o patrimonio material e inmaterial das culturas visigoda, hispano-romana e doutros pobos contemporáneos durante a Antigüidade tardía e a Idade Media. Outro obxectivo é o desenvolvemento do proxecto Orígenes de Europa, que axuda a conservar o patrimonio a través dun turismo cultural de calidade, que tamén contribúe a xerar recursos económicos e impulsar o desenvolvemento local e rural para rexistralo como Itinerario Cultural do Consello de Europa.

Este novo itinerario está baseado na historia dos pobos que viviron a caída do Imperio Romano, o limiar de Europa nos territorios de España, Francia, Alemaña, Italia e outros na área mediterránea.

VOLVER