Véronique Gallien desvelou os segredos da tumba da raíña Aregonda

A antropóloga francesa explicou no Foro La Región e en In Tempore Sueborum a autopsia desta monarca merovinxia

OURENSE, 19 de febreiro de 2018.- A antropóloga Véronique Gallien, do Instituto Nacional de Arqueoloxía Preventiva de Francia (INRAP) presentou en In Tempore Sueborum, dentro do Foro La Región, os resultados dun programa de investigación que se vén desenvolvendo desde 2003 nas sepulturas de época merovinxia da basílica parisina de Saint-Denis e concretamente a tumba real de Aregonda, unha raíña merovinxia. A partir dos obxectos e os restos orgánicos achados nesta necrópole, falou dos diferentes tipos de depósitos funerarios, da vestimenta e do historial clínico desta raíña. Así pódese valorar a achega destes diversos enfoques ao coñecemento histórico.

A antropóloga contou a autopsia da raíña Aregonda, merovinxia. FOTOS: Alberte Paz

A basílica de Saint-Denis está situada a 10 km. ao norte de París. O edificio está dedicado ao primeiro bispo da capital francesa e converterase ao longo do tempo na necrópolis dos reis francos e dos reis de Francia.

Aregonda é a primeira persoa de rango rexio  coñecida que se enterrou no edificio do século VI . Dagoberto é o primeiro rei que instala a súa tumba no século VII. A dinastía carolinxia está presente con Carlos Martel (741), alcalde do pazo; Pipino o Breve (768), rei dos Francos; Carlos o Calvo (877) emperador de Occidente. Despois, a basílica convértese no panteón real dos Capetos (Hugo Capeto, san Luís), os Valois (Francisco I), os borbóns ata o último rei enterrado alí que foi Luís XVIII. En total, 43 reis e 32 raíñas enterráronse no edificio. Nese edificio vense algúns dos exemplos de monumentos funerarios rexios  conservados na basílica.

A cita interesou a público chegado de diversas zonas do país.

O sarcófago número 49 correspóndese co da raíña Aregonda, que foi identificada grazas a un anel de ouro coa inscripción ARNEGUNDIS, gravada na parte superior. Non se trata dun anel nominativo que designe á raíña Aregonda co monograma REGINAE. O nome foi posto en relación co da raíña Aregonda mencionada por Gregorio de Tours nun pasaje dos seus Dez libros das Historias.

Cando os arqueólogos abriron o sepulcro desta raíña a finais dos anos cincuenta do pasado século, acharon os seus pulmóns, sedas e xoias como fíbulas de ouro, un cinto de ouro e prata, dous pasadores de ouro na súa cabeza e alfileres decorados con motivos zoomorfos. Este personaxe, segundo Gallien, podería pertencer á aristocracia xermánica. Grazas ao emprego do ADN antigo, esta raíña era europea e probablemente fose coxa. Segundo esta experta, o achado dos pulmóns axuda coñecer técnicas de embalsamamiento dese cadáver. E o seu enxoval tamén serve para coñecer mellor estés conxuntos medievais. Pero, ademais, di Veronique Gallien que a raíña Aregonda foi amortaxada cun abrigo de seda, cor púrpura, un veo do mesmo tecido, en ton amarelo e vermello, á moda oriental, e calzaba uns zapatos de pel de cabra.

O uso do ADN antigo é unha técnica que pode revolucionar o coñecemento de sociedades do pasado, como tamén nesta serie de conferencias expuxo con brillantez o biólogo Carles Lalueza.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER