As directoras xerais de Patrimonio Cultural de Galicia e Asturias salientan a calidade e rigor da exposición In Tempore Sueborum

Carmen Martínez e Otilia Requejo alaban o discurso histórico e a variedade de materiais nunha exhibición única en Europa

OURENSE, 21 de febreiro de 2018.- As directoras xerais de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e do Principado de Asturias, Carmen Martínez e Otilia Requejo respectivamente, visitaron este mércores a exposición internacional In Tempore Sueborum, organizada pola Deputación de Ourense. Foron recibidas, xunto coa delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, polo asesor de Política Cultural da Deputación e coordenador xeral da exposición, Aurelio Gómez Villar, ao que acompañaban o comisario, Jorge López e o responsable de comunicación e das visitas guiadas, Jesús Manuel García.

Jorge López explicou o contido das vitrinas ás dúas directoras xerais de Patrimonio. FOTOS: Alberte Paz.

A visita, que durou boa parte da mañá, foilles realizada por Jorge López, quen lles explicou os pormenores da arqueoloxía funeraria aplicada nesta exposición, cuxos froitos vense en cada vitrina, con materiais que nos falan dun pobo que vén por toda Europa emigrando ata establecerse no Noroeste da Península Ibérica a partires do ano 409. As dúas directoras, que viñeron con membros dos seus departamentos técnicos, percorreron toda a exposición, vendo os tres ámbitos nos que se extende, é decir, estiveron no Centro Cultural Marcos Valcárcel, en Santa María Nai e no Museo Municipal.
“Lo primero que quiero decir es enhorabuena porque me ha parecido una exposición excelente, no solo por la variedad de los materiales, la cantidad y calidad sino por lo bien hilado que está el discurso histórico a través del soporte material y documental”, manifestou Otilia Requejo. Sinalou que se fixo fincapé sobre o territorio, “sobre mentalidad y la cultura que vertebró en aquellos siglos todo lo que es el territorio europeo hasta llegar a la Gallaecia, lo cual permite poner en valor y conocer el significado del Reino Suevo. Y es precisamente ese discurso, apoyado en esa materialidad y en esa documentación, además magníficamente explicada por los guías, lo que permite poner en valor el Reino Suevo y entenderlo en su contexto europeo”.

Otilia Requejo e Carmen Martínez, á esquerda, viñeron acompañadas polos seus colaboradores técnicos e pola delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz.

A directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, Carmen Martínez, suscribe as verbas da súa colega asturiana: “Considero que é una iniciativa extraordinaria, que o discurso expositivo está tremendamente traballado e pudemos comprobar a través das explicacións a evolución do Reino Suevo no noso territorio”. Para Martínez, trátase dunha exposición “moi completa, moi didáctica, moi ben montada”. A directora xeral de Patrimonio da Xunta salientou que as pezas expostas “son realmente magníficas, en concreto o anel de Alarico II que veu de Viena. Pensó que é marabilloso que toda Galicia poda disfrutar desta exposición”.

Marisol Díaz, que xa estivera na exposición o día da súa inauguración, amosouse sorprendida: “Despois de facer o percorrido hoxe a palabra é sorprendente, impresionante, sobre todo pola historia, por esa traxectoria que te leva tan relacionada con oso, esas pezas únicas que temos oportunidade de contemplare e por en valor esa oportunidade que temos todos como un motivo máis para que se acheguen a Ourense”.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER