In Tempore Sueborum amplía o seu prazo ata o 6 de maio

Baltar xustifica a decisión nos resultados da mostra, que supera os 18.000 visitantes e acadou  unha audiencia de catro millóns de persoas nos medios de comunicación

OURENSE, 22 de febreiro de 2018. A exposición In Tempore Sueborum amplía as súas datas ata o 6 de maio, segundo anunciou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, “dado o éxito que está logrando a mostra nos eidos cultural, científico e turístico”. En dous meses desde a súa apertura, máis de 18.000 persoas visitaron a mostra nos seus tres espazos expositivos: o Centro Cultural Marcos Valcárcel, a igrexa de Santa María Nai e o Museo Municipal de Ourense. Nestes primeiros 70 días foron máis de 3.500 persoas as que participaron nas visitas guiadas e ducias  de centros escolares galegos.

Baltar e López observan o caldeiro de Musov, no que se atoparon restos de policromía. FOTOS: Alberte Paz.

A exposición In Tempore Sueborum chega ao seu segundo mes cun incremento progresivo de todos os seus parámetros, de tal xeito que se constata que non se produciu ningunha caída en canto ao interese que esperta. No seu segundo mes multiplicou prácticamente por 4 as cifras de impacto do primeiro (15 de decembro de 2017-15 xaneiro 2018), cando a audiencia total alcanzara o millón de persoas a través das diferentes canles utilizadas para a súa difusión: medios tradicionais, webs, prensa especializada e redes sociais. Ata o 15 de febreiro chegou a máis de 4 millóns de persoas (4.061.000), o que supón case o dobre da poboación de Galicia. O número de noticias publicadas sobre a exposición incrementouse nun 562%, pasando de 57 no primeiro mes a 3.220.

O maior impacto produciuse a través dos diarios de información xeral, sobre todo os galegos pero cun repunte dos nacionais, especialmente debido á presentación da exposición en Fitur. Grazas a estes medios, e sumando webs de información e as revistas especializadas, o alcance sitúase agora en 3.550.000 persoas. Durante o primeiro mes estaba en 800.000.

O catálogo esgotou a primeira edición e nuns días estará preparada a segunda.

O incremento do impacto a través da redes sociais tamén foi significativo: a exposición sobre o tempo dos suevos chegou a 511.000 dispositivos, entre os que se inclúen móbiles, tabletas e ordenadores, fronte aos 200.000 do primeiro mes.

En canto aos territorios que amosaron un maior interese, en primeiro lugar atópase Galicia, e en particular as provincias de Ourense e A Coruña (igual que durante o primeiro mes), seguidas de Pontevedra e Lugo, por esta orde. Fóra de Galicia, destaca o seguemento que a exposición ha ter desde Madrid, Cataluña e Castilla e León, por esta orde. Alén das fronteiras de España, Gran Bretaña segue sendo o lugar onde ten un maior impacto.

En canto á presenza de In Tempore Sueborum na prensa, as noticias relacionadas coa exposición experimentaron un aumento notable, notándose a súa presenza en medios nacionais e moito maior crecemento en medios especializados e ata en páxinas persoais.

Baltar anunciou que a mostra acadou catro millóns de persoas na audiencia dos medios de comunicación.

Das 573 noticias analizadas inicialmente, pasouse a recoller 3.220 impactos en prensa, prensa dixital, blogs e agregadores de noticias. Iso é un aumento do 562% con respecto aos datos iniciais. Combinando os datos acumulados de audiencia das diferentes aparicións en medios, estímase que as informacións relacionadas coa exposición alcanzaron unha audiencia total duns 3.550.000 persoas, o que se podería comparar á audiencia de El Hormiguero. Sumando a audiencia de redes sociais (511.000 impresións), obteríamos unha audiencia total de 4.061.000.

Eventos como a presenza da exposición en FITUR han ter o seu reflexo nos medios de comunicación, pese á abundancia de eventos da feira, especialmente nos medios do grupo Mediaset (Telecinco e Catro) e nos do grupo Vocento. A maior parte da cobertura é positiva, especialmente cando se trata de contornas especializadas.

Os seguidores aumentaron de 232 a 330 desde a última análise. A audiencia da conta son sobre todo: homes de 35 a 44 anos, localizados en Galicia e interesados en política, eventos de actualidade e cultura. A taxa de interacción aumentou ligeramente, como tamén o promedio de tuits por día.

En Facebook as estatísticas amosan que os contidos tamén han ir collendo tracción. Os datos xeográficos e de distribución non experimentan cambios. Aínda que a audiencia nas redes creceu, fíxoo mantendo as mesmas proporcións que na última medición.

O comisario Jorge López manifestou o impacto científico da mostra sinalando que “Ourense entra en el circuito de las grandes exposiciones internacionales”. Na visita que o mércores fixo á mostra a directora xeral de Patrimonio Cultural do Principado de Asturias, Otilia Requejo, esta informouse das características da exposición para tela como referente de outra que están deseñando na súa terra. Segundo López Quiroga, o impacto científico desta exposición é “impresionante” dado que especialistas de toda Europa coinciden en que nunca se fixera algo en Galicia sobre o reino suevo. “El catálogo es un referente en la prensa y en el mundo especializado e historiográfico”, sinalou o comisario.

Insistiu Jorge López en que o impacto científico de In Tempore Sueborum foi “enorme”. A exposición está presente en revistas especializadas ao que hai que sumar o volume de estudos con sesenta traballos científicos obra de outros tantos investigadores entre os que están boa parte dos investigadores españois neste eido, “especialistas gallegos y del Norte de Portugal que tienen algo que decir”, apuntou Jorge López.

Entre as numerosas visitas celebradas nesta mostra destaca a da asociación Urbs Regia Orígenes de Europa, con base en Toledo, formada por expertos de varios países. Tamén está prevista a visita de responsables da rede de museos arqueolóxicos do Mediterráneo.
Por outra banda, non poucas pezas das 262 que forman a exposición van ser obxecto de nova investigacións. Esto débese a que ao recepcionarlas os arqueólogos fixeron un informe de valoración de cada unha, de modo que en varias atoparon sinais nas que ata o de agora non se reparara. Os museos afectados diron o seu permiso para investigar esas pezas. Isto demostra a viveza do proxecto e a cantidade de aspectos que o rodean e aos que aporta luz, coñecemento.

VOLVER