In Tempore Sueborum motivou unha conferencia en Portugal

O Solar Condes de Resende de Vilanova de Gaia ofereceu  unha sesión sobre o mundo suevo

OURENSE, 26 de febrero de 2018.- A exposición In Tempore Sueborum está espertando interese en diversos ambientes sociais do país veciño. Desde Portugal xa veu a vela a súa secretaria de Estado para o Turismo, o clero da diocese de Viana do Castelo e profesores e alumnos da Facultade de Letras da Universidade do Porto. Mais tamén no centro Solar Condes de Resende, en Vilanova de gaia, a mostra internacional que ten lugar en Ourense foi motivo dunha palestra da que se encargou o profesor J. A. Gonçalves Guimarães. Ofreceu una disertación para dar a coñecer a presenza dos suevos en Portugal, o que non é outra cousa mesmo que a presenza dese pobo na Gallaecia romana a partires do ano 409. Gonçalves apoiouse na visita previa que fixo a In Tempore Sueborum para amosar diapositivas das salas nas que se desenvolve, con diversas pezas e tamén os edificios que a acollen.

Os presentes gozaron coa disertación sobre a nosa historia común.

O acto produciuse o pasado 22 de febrero contando coa presenza de numeroso público luso que quedou con gañas de achegarse a Ourense para ver con detalle os tesouros patrimoniais dos dez países que están representados nesta exposición irrepetible.

A conferencia titulouse Portucale entre os suevos e os visigodos, e forma parte do ciclo de disertacións que se desenvolven neste centro portugués. É outro xesto que se engade a ese interese que a exposición feita en Ourense está levantando no veciño país, do que en In Tempore Sueborum están expostas catro pezas do Solar Condes de Resende, das cuais tres proceden do Castelo de Gaia e unha do Castelo de Crestuma.

A mostra segue aberta ata o 6 de maio, e por ela xa pasaron máis de 20.000 visitantes.

VOLVER