Marzenna Adamczyk, embaixadora de Polonia: “In Tempore Sueborum es excelente, y pido más, porque hay cosas por descubrir”

Manuel Baltar anunciou que “parece que está todo dito pero cada día aparecen cousas novas” nunha exposición que xa pasa dos 21.000 visitantes

OURENSE, 28 de febreiro de 2018.- A embaixadora da República de Polonia en España, Marzenna Adamczyk, visitou hoxe a exposición internacional In Tempore Sueborum, organizada pola Deputación de Ourense. A representante diplomática polaca foi recibida no Pazo Provincial polo presidente, Manuel Baltar, para logo dirixirse ao punto de partida da mostra sobre o tempo dos suevos, o Centro Cultural Marcos Valcárcel. Marzenna Adamczyk veu acompañada polo cónsul da República de Polonia en Galicia, Juan M. Vieites Baptista de Sousa, con sede en Vigo. No centro, a señora embaixadora saudou aos membros do equipo da exposición: o coordenador xeral, Aurelio Gómez Villar, a coordenadora técnica, Mercedes Rozas; o comisario Jorge López Quiroga e o responsable de Comunicación e das visitas guiadas, Jesús Manuel García.

A embaixadora , escoitando as explicacións do comisario ante o vídeo co mapa das migracións. FOTOS: Alberte Paz.

O comisario guiou á embaixadora pola sala e esta amosou a súa ledicia en cada vitrina que observaba con paixón, facendo comentarios e preguntas propias dunha boa coñecedora da historia de España e de Europa. Non en van esta embaixadora é catedrática e imparte clase en Varsovia. Gozou coas explicacións técnicas do comisario tanto na sala na que se deconstrúe aos pobos bárbaros como en Santa María Nai, onde a señora Adamczyk marabillouse coas pezas que nos falan do asentamento do cristianismo na Gallaecia, amosando en todo momento a súa curiosidade intelectual e dando sinais dun bo sentido do humor.

Marzenna Adamczyk fixo gala dun gran interese e coñecemento polo período histórico que amosa a exposición.

“La verdad es que he disfrutado muchísimo aquí porque he podido ver con mis propios ojos, y además, de forma muy condensada pero muy bien preparada, lo que suelo enseñar cuando doy clases de Historia de España en la Universidad de Varsovia. Y además es una época muy interesante y muy desconocida porque pocas veces nos damos cuenta de que nuestras raíces están también ahí entre los suevos, sí, son comunes y son de toda Europa porque además de ser españoles, franceses, polacos, italianos… somos más europeos de lo que quisiéramos admitir”, sinalou a señora Adamczyk. A embaixadora engadiu que vimos da “tradición judeocristina, de la tradición bárbara, hemos nacido de otras tradiciones cuyos vestigios están ahí, en el suelo de Galicia, de Asturias, de Polonia o de la República Checa, porque los objetos se han traído prácticamente de todas partes y son idénticos. Y en esos señores que se hacían un nudo a la derecha del cráneo están nuestra raíces”.

Jorge López comentou á ilustre visitante a lauda funeraria de Modesa, en presenza do cónsul de Polonia en Galicia.

Con humor, a embaixadora non dubidou en sinalar que de boa gana “me apoderaría yo de algunas piezas, con el anillo de Alarico II a la cabeza de la colección”. Esta foi a peza que máis a sorprendeu. A embaixadora polaca recorda que a verba bárbaro foi creada polos gregos: “Era una palabra que significaba no griego. No llevaba otro significado. Nosotros, al cabo de muchos siglos, le impusimos esas connotaciones peyorativas. Pero los bárbaros, ni eran tan bárbaros y… bueno, algunos de ellos debieron de ser hasta guapos”, manifestou non sen antes asegurar que o proxecto científico e cultural In Tempore Sueborum parécelle “excelente, y pido más, porque hay cosas por descubrir y Galicia, es un verdadero tesoro”.

A señora Adamczyk visitou tamén as pezas que están en Santa María Nai.

Manuel Baltar sinalou que “parece que está todo dito pero cada día aparecen cousas novas. A embaixadora, que é una experta tamén, quedou moi sorprendida dun proxecto tan potente”. O presidente da Deputación indicou que In tempore Sueborum xa pasa dos 21.000 visitantes “e coas cuestión de carácter técnico e as opinión que van xurdindo fan deste un evento sobradamente potente e só queda seguir animando á xente a que veñan xa porque quedan 68 días para que a exposición remate e é una cuestión única na provincia de Ourense”.

A delegación diplomática visitou a primeira hora da tarde a catedral ourensá, sendo guiada por Jesús Manuel García e amosando  a embaixadora a súa sorpresa ao ver o Pórtico do Paraíso e a capela do Santo Cristo. A esta visita seguiu unha reunión con empresarios ourensáns.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER