A Federación Provincial de Comercio de Ourense promocionará visitas a In Tempore Sueborum

A presidenta sinalou a importancia da mostra e de que sexa aproveitada por todos os asociados

OURENSE, 4 de marzo de 2018.- A Federación Provincial de Comercio de Ourense realizou esta mañá una visita guiada á exposición internacional In Tempore Sueborum. Unha trintena de socios da cidade e de varias comarcas foron recibidos no Centro Cultural Marcos Valcárcel polo coordenador xeral da exposición, Aurelio Gómez, xunto ao que se atopaba o guía e responsable de Comunicación do proxecto, Jesús Manuel García, que acompañou aos visitantes polos tres espazos de mostra durante boa parte da mañá.

Os visitantes disfrutaron co percorrido. FOTOS: Alberte Paz.

Os participantes, que integran asociacións sectoriais, comarcais, centros comerciais abertos e outras asociación varias, quedaron satisfeitos co visto e escoitado nos tres edificios onde se desenvolve esta mostra única en toda Europa. A súa presidenta, Beatriz Gómez Valcácel, sinalou que se tratou dunha “visita moi interesante, moi importante, e tamén teño que decir que o guía transmitiu moi ben a idea coas súas explicacións; a verdade é que o tempo foi moi aproveitado, a exposición é moi interesante visitala e unha vez que se atopa na nosa cidade, que menos que potenciar as visitas a ela”.

O contido das tumbas que forman a exposición marabilla aos visitantes.

A presidenta, neste senso, indicou que animará aos asociados de todo o territorio provincial a que se animen a organizarse para vir a In Tempore Sueborum: “Seguiremos promocionándoa nas vilas para ver se se poden organizar excursións desde a Federación Provincial”.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER