Os músicos Arianna Savall, Petter Johansen e Wolodymyr Smishkewych declaranse marabillados pola mensaxe e contido de In Tempore Sueborum

Os tres califican a mostra de icreíble e máxica

OURENSE, 4 de marzo de 2018.- Os músicos Arianna Savall, Petter U. Johansen e Wolodymyr Smishkewych, que participan no programa do festival Pórtico do Paraíso, visitaron hoxe a exposición In Tempore Sueborum e quedaron marabillados co seu contido que chegou a impresionalos de tal xeito que nalgún caso servirá de inspiración para traballos futuros como no caso de Smishkewych. Os tres foron guiados polo comisario Jorge López Quiroga. Arianna Savall, que naceu en Basilea, Suiza, no seo dunha familia de músicos cataláns, estudou piano e arpa clásica, ademáis de canto Estudou na Schola Cantorum Basiliensis e especializouse en arpas históricas. “A mí me ha gustado mucho lo que Jorge nos explicó sobre las fronteras, que era un lugar muy dinámico, también aveces vilento pero también de intercambio, de admiración por lo diferente, por el otro”, dixo.

Jorge López foilles comentando cada unha das vitrinas. FOTOS: Alberte Paz.

Do que viu impresionoulle o feito de transformar o altar do deus pagano en altar do deus cristiano, aspecto que se ve en Santa María Nai, co aproveitamento de aras romanas, no século VI, para convertelas en altares cristianos. “Las columnas romanas que se han puesto en la iglesia, que nos hablan de una continuidad en este sitio que es especial, sagrado…” sinalou Savall, quen considera que esta exposición é “magia” e polo tanto parécelle “maravillosa”.

Petter U. Johansen é natural de Oslo (Noruega), onde estudou canto, violín e piano. Está especializado en música antiga na Schola Cantorum Basiliensis e tamén é compositor e director, séndolle igual de cómodo moverse na música popular como na tradicional o una clásica. “Estamos maravillados y muy agradecidos porque esto es como un concierto intimo, un lujo total, una parte de la historia que no conocemos, una maravilla. Las culturas no son tan diferentes, esto es lo más importante de esta exposición, que todos somos iguales”, indicou tras rematar o percorrido cultural.

Wolodymyr Smishkewych naceu nos Estados Unidos, de nai galega e pai ucraniano. Foi membro dos grupos premiados de música antiga Sequentia e Theatre of Voices, e solista con The Harp Consort, Ars Nova Copenhagen e Ensemble Dialogos, cos que gravou varios discos. É doutor en música e canto pola Indiana University e dirixiu varios cursos aparte de dar varias clases maxistrais en distintas universidades de Canadá, Estados Unidos, Hispanoamérica e Europa. Hoxe reside en Irlanda e ten entre mans interesantes proxectos. Este especialista manifestou que o feito de ver In Tempore Sueborum . “Esta vista ha sido una apertura de ojos con una cantidad de información que tengo que procesar, e ideas que me propone como músico para programación musical y de exploración histórica”, declarou para logo engadir que esta exposición vaino “informando sobre cosas que no tenía claras, de lo que era el reino suevo porque hay mucho perdido en las tinieblas del tiempo y el tener una exposición como esta es invalorable, increíble”.

VOLVER