Sussane Hakenbeck amosou as perspectivas que ofrecen os isótopos para coñecer así poboacións da Tardoantigüidade

A investigadora falou no Foro La Región sobre as entidades entralazadas nos séculos IV ao V

OURENSE, 5 de marzo de 2018.- A profesora Susane Hakenbeck disertou en In Tempore Sueborum, dentro do Foro La Región, sobre a aplicación dos isótopos para o estudo das identidades entrelazadas na cunca  do Danubio durante os séculos IV e V. A profesora da Universidade inglesa de Cambridge dixo que o movemento dos Hunos cara Occidente e a presión sobre as fronteiras desencadea ese movemento de poboación e hai unha serie de elementos arqueolóxicos atopados nas tumbas que poden ser vinculados cos hunos. Entre eses materiais hai hebillas, fíbulas, etc. Mais ao mesmo tempo está a cuestión dos cráneos deformados na infancia, que lle dan esa forma rectangular característica.

A investigadora analizou esas tumbas que se atopan en Centroeuropa e concretamente na Panonia e no sureste e sur de Alemaña, a través dun método que é o isótopo, unha presenza de isótopos do carbono e de estroncio nos osos. A presenza de isótopos de carbono de estrocio permite falar da dieta. As proporcións nos isótopos de estroncio de nitróxeno nos osos pódenos indicar que tipo de auga consumían e que alimentación tiñan. E grazas a coñecer ese tipo de alimentación é posible saber se eran xentes vinculadas a un sistema de pastoreo nómada ou agrícola, e sedentario. Os romanos eran sendentarios e os bárbaros eran nómadas. Así poderase determinar se esas poboacións tiñan ese tipo de alimentación e se, polo tanto, son hunos ou trátase de poboación local para comparalo  cos materiais que hai.

Sussane Hakenbeck foi presentada polo comisario de In Tempore Sueborum Jorge López Quiroga. FOTOS: Alberte Paz.

Sussane explicou o se método científico para analizar as necrópoles e argumentou que non sempre se corresponden os materiais que se atopan nas tumbas como os cráneos deformados con poboacións procedentes de fóra senon que moitas veces trátase de poboación local. E voltase a tratar o tema da difusión da moda póntico danubiá.

Unha das grandes conclusión da investigadora é que esa presión dos hunos non se debeu a que fosen grandes depredadores senon a que isto poidetra estar vinculado a unha estratexa económica. As fíblas que se observan nas vitrinas de In Tempore Sueborum teñen esa influenza do ámbito húnico, moi conectado con Oriente. Os hunos son os que difunden esa vestimenta entre as elites bárbaras de Centroeuropa.

VOLVER