Horarios de Semana Santa en In Tempore Sueborum

OURENSE, 21 de marzo de 2018.- A exposición internacional In Tempore Sueborum, organizada e patrocinada pola Deputación de Ourense, presenta os horarios para os días da Semana Santa. En xeral, tan só se produce una novidade que afectará ao Museo Municipal de Ourense. Este centro, no que se atopa a parte da exposición referente á convivencia dos suevos cos galaicorromanos, aparte de pechar os luns, como fai todo o ano, pechará tamén o Xoves Santo e Venres Santo.

As visitas guiadas das 18.30hrs. continuarán como segue: o luns só no Centro Cultural Marcos Valcárcel, como cada luns do ano; martes e mércores, percorrido completo polas tres sedes; xoves e venres, percorrido polo Centro Cultural Marcos Valcárcel e Santa María Nai. Sábado: percorrido completo polas tres sedes.

Velaiquí o taboleiro completo de horarios:

XOVES E VENRES SANTO

-Centro Cultural Marcos Valcárcel e Santa María Nai: De 11.00 a 14.00 hrs. e de 17.00 a 21.00 hrs.

-Museo Municipal: Pechado.

SÁBADO SANTO

Centro Cultural Marcos Valcárcel e Santa María Nai: de 11.00 a 14.00 hrs. e de 17.00 a 21.00 hrs.

Museo Municipal: de 11.00 a 14.00 hrs. e de 18.30 a 21.30 hrs.

DOMINGO

Centro Cultural Marcos Valcárcel e Santa María Nai. De 11.00 a 14.00 hrs.

Museo Municipal: de 11.30 a 14.00 hrs.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER