O deporte promociona In Tempore Sueborum en Portugal

O Club Baloncesto Femenino Pabellón reparte información da exposición no XVI Torneo Internacional de Valença do Minho

OURENSE, 24 de marzo de 2018.- A exposición In Tempore Sueborum está, dalgún xeito, presente en Portugal esta fin de semana grazas á promoción da mesma que, a través da entrega de folletos, quixo facer o Club de Baloncesto Femenino Pabellón, nun torneo que se está celebrando no país veciño. Trátase do XVI Torneo Internacional Eurocidade que ten lugar desde hoxe ata o luns. Os seus responsables non quixeron deixar perder a oportunidade de mostrar a exposición ás súas contrincantes, equipos chegados de tres países que se dan cita neste campionato que ten por escenario Valença do Minho.

Manuela Ordóñez entregou información da exposición a Tamamé, director do torneo

O conxunto ourensán aproveitou para entregar información de In Tempore Sueborum aos membros da organización así como aos equipos vindos de España, Portugal e Cabo Verde. A adestradora do equipo ourensán Manuela Ordóñez Fernández, entregou folletos a Tamamé, director deportivo do torneo, e aos equipos de Maia e Benfica, cos que xogaron durante a mañá do presente sábado. Polo serán fixeron o mesmo con máis equipos como o Clube de Baloncesto Caselas. Xunta cos folletos calaron cos responsables acerca da exposición.

O torneo prolóngase toda a fin de semana e a representación ourensana aínda espera repartir máis información sobre a exposición única en Europa que ten como escenario tres edificios do centro histórico da cidade das Burgas. Numerosos xogadores e xogadoras dispoñen do folleto informativo de In Tempore Sueborum, exposición que xa se coñece en varios medios portugueses tamén, comezando pola Universidade de Oporto e a Universidade de Braga, pois da primeira viñeron a Ourense numerosos alumnos e profesores da Facultade de Letras. E o mesmo farán cen alumnos de Arqueoloxía e Historia da universidade bracarense. Tamén viñeron e seguen acudindo cidadáns portugueses pola súa conta así como xa o fixo tamén unha parte do clero da diócese de Viana do Castelo.

A entrega de folletos formou parte da cortesía deportiva por expreso deseo do clube ourensán

A mostró ourensá motivou recentemente unha conferencia no Solar de Rosende. A primeira presenza oficial do país veciño na exposición sobre o tempo dos suevos en Ourense correu a cargo da secretaria de Estado para o Turismo de Portugal, Ana Mendes. Mais, con Portugal, e en relación a In Tempore Sueborum, aínda non está todo dito.

VOLVER