Benjamín Bagby achegou ao público a música da Tardoantigüidade

O músico americano explicou no Foro La Región o seu traballo centrado na épica do tempo dos suevos

OURENSE, 2 de abril de 2018.- In Tempore Sueborum e o Foro La Región ofreceron unha conferencia orixinal a cargo de Benjamin Bagby, intérprete da canción medieval que dirixiu o conxunto de Sequentia desde que o cofundou en Basilea e Colonia no 1977. Da súa presentación encargouse o gaiteiro galego Carlos Núñez. Foi nun acto no que houbo oco para a sorpresa ao interpretar o poñente algunhas composicións, o público gozou con esta nova proposta. Achegounos á música da Idade Tardoantiga. A palabra foi da man coas notas musicais. “¿Que música se faría no tempo dos suevos?”, preguntouse Carlos Núñez. Para dar unha resposta botaron man de Bagby, experto de renome internacional. E iste sorprendeu ao público coa súa intervención, na que musicou poemas como Hildebrandslied.

Benjamin Bagby, á dereita, estivo presentado e traducido por Carlos Núñez e Jorge López Quiroga. FOTOS: Alberte Paz.

Bagby, dada a súa condición de intérprete dos primeiros textos épicos medievais sobrevivientes en lingua vernácula, di que sente interese pola “intersección entre os elementos expresados pola voz (palabras formadas nun texto de estrutura métrica) e a función do arpa, un instrumento que contribúe coa estrutura modal, unha multitude de impulsos rítmicos sutís e varias posibilidades para a manipulación do tempo, para comentarios e acompañamiento”. Engade que se o instrumento en si ten un papel esencial na actuación/representación -o que as fontes levaríannos a crer- “o intérprete ou executante debe considerar as formas en que 6 cordas, máis de 5 dedos e unha soa voz poden interactuar para contar unha historia”.

O comezo deste proceso, segundo Bagby, será a construción e posta a punto do instrumento en si: “como podemos facer hipóteses informadas sobre as formas en que tal instrumento podería ser afinado. ¿En que deberían basearse as nosas decisións? Que fontes medievais podemos consultar? Propoño examinar varias das posibles afinaciones do arpa, que actualmente emprego nas miñas interpretacións, para ver que as fai similares ou diferentes, e como isto afecta á actuación/representación”, sinala.

O público viviu un acto ben orixinal co traballo maxistral do conferenciante.

Benjamin Bagby tamén escribe sobre a práctica da actuación, e deu conferencias e ensinado en Europa e América do Norte. Actualmente está na facultade da Universidade da Sorbona (París), onde ensina desde 2005 no programa de máster para a interpretación da música medieval. Tamén ensina música medieval na Universidade Folkwang de Arte en Essen (Alemaña).

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER