Méndez Ferrín: “Se teñen dito moitos disparates sobre o mundo suevo”

O escritor galego visitou In Tempore Sueborum subliñando  o “correcto” discurso expositivo

OURENSE, 6 de abril de 2018.- A exposición In Tempore Sueborum segue a contar coa visita de numerosos cidadáns de toda a Península. Entre eles, esta semana estivo o escritor, político e profesor Xosé Luís Méndez Ferrín, un dos autores máis importantes da literatura contemporánea. Na compaña da súa dona, viron as salas da mesma no Centro Cultural Marcos Valcárcel e no Museo Municipal pola súa conta e, cando chegaron a Santa María Nai, atopáronse co grupo da visita guiada, ao que se sumaron. Ferrín observouno todo e escoitaba as explicacións do guía, que tanto lle agradaron, como sinalou. “Pareceme que é una exposición magnífica, didáctica e ademáis cun discurso expositivo, desde o meu punto de vista, correcto”, sinalou o afamado escritor nado en Ourense no 1938.  Doutor en Filoloxía, Méndez Ferrín presidiu a Real Academia Galega (RAG).

Ferrín engadiu que sobre o mundo suevo “se teñen dito verdadeiros disparates, desde Marcial Lafuente, bueno, disparates tamén desde Paulo Orosio e desde Hidacio”. O escritor asegurou que In Tempore Sueborum, organizada e patrocinada pola Deputación de Ourense, da man dos comisarios Jorge López Quiroga e Artemio M. Tejera, “se axusta ao que se pensa actualmente, á interpretación cos datos arqueolóxicos que evidentemente non son moitos co cal, unha vez máis hai que decir que aquí hai moi poucas cousas suevas, pero hai documentos e fontes escritas suficientes para decir que foi o primeiro reino do occidente antes de existir Europa. Claro.” Ferrín e a súa dona marcharon contentos co visto.

VOLVER