In Tempore Sueborum esperta o interese de tres revistas especializadas

Descubrir el Arte, La Aventura de la Historia e Arqueología, Historia y Viajes sobre el Mundo Medieval fanse eco este mes da mostra ourensá única en Europa

ORENSE, 12 de abril de 2018.- O proxecto científico e cultural In Tempore Sueborum segue reclamando o interese das principais revistas de Historia e de Arte que se publican en España. Este mes, a gran exposición única en Europa, organizada e patrocinada pola Deputación de Ourense, está nas páxinas da revista Arqueología, Historia y Viajes sobre el mundo Medieval, Descubrir el Arte e La Aventura de la Historia.

A presenza de In Tempore Sueborum nestas revistas dalle proxección no panorama nacional entre os amantes da Historia. FOTOS: Alberte Paz.

En Arqueología, Historia y Viajes sobre el mundo Medieval, a exposición está presente en dez páxinas editadas a toda cor, nas que se ofrece unha información xeral ao lector sobre todo o proxecto cultural que se desenvolve desde Ourense. Trátase dunha revista trimestral, con 13 anos de vida, especializada en historia, turismo e arqueoloxía. Publica 6.000 exemplares de 84 páxinas. Forman o seu consello asesor unha morea de catedráticos e profesores de Universidade de España.

En La Aventura de la Historia, In Tempore Sueborum ocupa catro páxinas cun artigo profusamente ilustrado que asina o comisario Jorge López Quiroga. Fala dese pobo que cruzou o Rin en decembro de ano 406 e no 448 converteuse ao catolicismo e cuxa capital era a cidade de Braga. No devandito artigo adiántase que a exposición ourensá desmonta tópicos sobre estes ´bárbaros´ e mostra a cristianización e transformación da Gallaecia baixo o seu reinado. Trátase do número 234 da revista correspondente a este mes de abril. Unha publicación que ten na súa web 143.939 usuarios únicos. O perfil dos seus lectores é dun 67% de mulleres e 33% de homes con idades entre os 25 e os 64 anos e que pertecen nun 40% á clase media e nun 46% á media-alta.
Os datos de audiencia desta revista dan 173.000 lectores mediante a difusión de 21.335 exemplares. Esta é unha publicación especializada en divulgación histórica tratando en profundidade os temas publicados.

Con estas revistas o coñecemento sobre a exposición chega a milleiros de lectores.

En Descubrir el Arte, a exposición sobre o tempo dos suevos dedica unha páxina en cor a “Los tesoros de los suevos del primer reino medieval de Occidente”. É a exposición que abre a serie deste tipo de eventos culturais na revista, á que seguen outras citas en Barcelona, Toledo, Madrid, Málaga, Valladolid, Italia, Jaén e Huesca. Tanto esta revista como a anterior levan, ademais, información sobre In Tempore Sueborum nas súas respectivas contraportadas. Descubrir el Arte ten 29.820 usuarios únicos na súa web e 265.000 nas redes sociais. O perfil do seu lector está nos tres nichos de idade de maior consumo, con cidadáns de alto poder adquisitivo e bo nivel cultural, entre outros valores. Trátase de universitarios, xentes interesadas na cultura e de clase alta e media-alta. Esta revista mensual é un referente cultural da arte nacional e internacional na que colaboran prestixosos críticos, directores de museos e catedráticos especialistas en arte.

Todo iso fai que In Tempore Sueborum reforce a súa presenza en toda España tamén a través destes medios especializados, que chegan a numerosos lectores en toda a Península. A categoría do proxecto faio merecedor de figurar entre outras, en publicacións destas características. Non en balde dita exposición coloca a Ourense no circuíto internacional das grandes eventos culturais. Aspecto este sobre o que o presidente da Deputación, Manuel Baltar, xa se pronunciou en público no sentido de sinalar que o listón alto que deixará dita mostra terá continuación con outras iniciativas que igualen ou superen tal listón.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER