Membros da Rede de Estudos Medievais visitaron In Tempore Sueborum

Profesores e alumnos de doutorado subliñaron o coñecemento que aporta a exposición sobre o tempo dos suevos

OURENSE, 13 de abril de 2018.- Un grupo de profesores de Historia Medieval, Historia da Arte, Filoloxía Románica e Clásica, e alumnos de doutorado da Rede de Estudios Medievais, visitaron esta mañá a exposición internacional In Tempore Sueborum, o gran proxecto centífico e cultural que sobre o tempo dos suevos se desenvolve en Ourense, baixo a organización e patrocinio da Deputación Provincial. Pola mañá fixeron a visita guiada en dous grupos, un levado por Víctor Muñiz e o outro guiado por Jesús Manuel García. Foi una visita feita para especialistas que gozaron co evento.

Un grupo fixo a visita con Jesús Manuel García. FOTOS: Alberte Paz.

Tras esta cita cultural pasaron a ver as excavacións do Museo Arqueolóxico e, ao rematar o almorzó celebrado na capital, foron visitar a catedral e o claustro de San Francisco. Esta delegación formábana unhas corenta persoas entre as que tamén viñan algún alumnos senior da Universidade de Santiago.

O outro grupo foi guiado por Víctor Muñiz.

A Rede de Estudios Medievais depende, dende o aspecto das subvencións, da Xunta de Galicia, e nela están integrados profesores e alumnos da Universidade de Santiago pero tamén da de Vigo, da do Porto e teñen enlaces con outros compañeiros doutras institucións universitarias. Neste grupo, entre outros profesores doutores viña o ourensán David Chao, para quen a visita a In Tempore Sueborum “foi extraordinaria, aprendimos un montón de cousas, o guía foi espléndido e permitiunos profundizar nun ámbito temporal e nunha cultura que non sempre é fácilmente accesible, e ademáis está moi ben explicado tanto a partires da exposición como na parte didáctica da visita guiada”.

No grupo había profesores doutores e alumnos doutorandos da USC.

Outra compañeira, a profesora Marta Cendón, manifestou que a visita á mostra sobre o tempo dos suevos e resultou “magnífica, muy bien planteada la puesta en situación y el ir recorriendo las partes de Europa con los conjuntos más o menos coherentes hasta llegar a la Gallaecia que es lo que nos resultaría más conocido pero menos conocido sin tener en cuenta lo anterior”. Pensa que o percorrido en tres sedes pode resultar intenso para o público en xeral “pero para el especialista, claro, es maravilloso”.

Os visitantes alabaron a exposición e o nivel da visita guiada nos dous grupos.

Emilio Sanjurjo, que está facendo una tese comparativa da monarquía europea no século IX, comparando a monarquía asturiana coa dos reinos anglosaxóns e da Francia carolinxia, sinalou que “é unha exposición moi ben montada, e sobre todo dun periodo que non se soe tratar e que a min, sendo altomedievalista, gústame que desde as institucións se amose que a historia altomedieval tamén existe e que despois da caída do imperio romano pasaron cousas e cousas moi interesantes e moi importantes para entender o momento actual, as circunstancias, a nosa cultura… si, gustoume moito e está ben prantexada esta exposición”.

VOLVER