Beiras sobre In Tempore Sueborum: “ Estou impresionado de ver estas mostras das xoias. É impactante”

OURENSE, 21 de abril de 2018.- O político e economista galego Xosé Manuel Beiras, visitou esta mañá a exposición In Tempore Sueborum na compaña dun grupo de amigos. “Estou descobrindo algo que para min era absolutamente descoñecido”, subliñou, recordando que el tiña somentes referencias a través de volumes desde a Historia de Galicia de Murguía ou de Vicetto “aínda que moito era inventado, pero había que inventar na mitoloxía histórica galega, e por suposto dos traballos que se publicaron posteriormente, que cambiaron a percepción dunha cultura que efectivamente desminte aquela opinión extendida que se nos transmitía nas escolas de que os bárbaros eran extranxeiros e que eran bárbaros no senso máis bárbaro do termo e que era una invención da ideoloxía romana imperial”.

Beiras mencionou a importante extensión de superficie que tiña a Galicia sueva, “é decir, o reino suevo abranguía moitísimo máis do que era a Galicia actual e na etapa final era a Gallecia romana”. Por todo elo, mostrouse “impresionado de ver estas mostras das xoias. É impactante”.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER