Primeiras autoridades políticas, xudiciais e militares de Galicia visitaron In Tempore Sueborum

O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, sinalou o orgullo de “conquerir que esta exposición nos meta no ámbeto das mellores esposicións que se celebran no mundo”

Segundo o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, é importante “cuidar estas exposiciones”

OURENSE, 21 de abril de 2018.- Unha delegación de primeiras autoridades de Galicia chegadas do Parlamento, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e das Forzas de Seguridade visitaron esta mañá a exposición In Tempore Sueborum en Ourense. Entre os integrantes do grupo estaban Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Miguel Ángel Cadenas, presidente do TSXG e Fernando Suances, fiscal xefe do mesmo; Corina Porro, presidenta do Consello Económico e Social de Galicia; Manuel Vázquez, xefe superior de Policía de Galicia; Francisco Javier Sánchez Fernández, xeral do Comando Operativo Loxístico do Exército de Terra; o xeral xefe do Estado Mayor da Forza Loxística Operativa, Manuel Busquer; o xeral xefe da Guardia Civil de Galicia da XV Zona, Ángel Alonso Miranda; o Letrado Oficial Maior do Parlamento, Xosé Antón Sarmiento Méndez, entre outros compañeiros, amigos e as súas respectivas parellas.

O comisario Jorge López Quiroga guiou ás autoridades polos tres espazos da exposición.

A delegación chegou ao Centro Cultural Marcos Valcárcel pasada a media mañá. Alí foron recibidos polo responsable de Comunicación e das Visitas Guiadas de In Tempore Sueborum, Jesús Manuel García, quen lles presentou ao comisario, Jorge López Quiroga, que se encargou de guialos durante algo máis de hora e media, vendo os tres espazos da exposición, única en Europa e organizada e patrocinada pola Deputación Provincial de Ourense.

“Esta exposición cáusame orgullo de ser ourensán, de que foramos capaces de conquerir que esta exposición nos meta no ámbito das mellores exposicións que se celebran no mundo. Aquí hai pezas que nunca saíron dos seus países de orixe e isto para nós nos reafirma na nosa forma de facer cultura”, sinalou Miguel Ángel Santalices. Gustoulle a estrutura da mostra, “facendo un percorrido perfecto, deténdose en dúas ou tres cousas que para min son fundamentais, como se trata a nosa identidade e como os suevos se converten en entidade política, como dan ese cambio nun momento determinado”. O presidente do Parlamento galego desexaría que “isto se poda repetir porque é un éxito para todos nós”. Subliña que In Tempore Sueborum vincula a moita xente “porque é falar das nosas raíces, da nosa indentidade e como se estruturou toda unha historia política en torno aos suevos e ise tempo que é o que recolle esta exposición”.

Os participantes gozaron coa historia da nosa Tardoantigüidade.

O presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, declarouse sorprendido e satisfeito porque “desde fuera y desde lejos no se valora lo suficiente el esfuerzo que hay detrás de una exposición de este tipo y me produce satisfacción porque el contenido de la exposición, sobre todo la explicación que la acompaña es enormemente valorada. Creo que es muy importante cuidar estas exposiciones y no es tanto lo que ves sino alguien que te lo explique. Felicidades a los autores de la exposición y a quienes están cuidando que todos los que la podemos visitar la valoremos en su verdadera dimensión”.

Corina Porro dixo que a impresión que lle causa esta exposición é emocionante, abraiante polo feito de que se poidera montar un proxecto semellante “con esta categoría, con este nivel”. In Tempore Sueborum parécelle unha oportunidade única e non dubidou en facer un chamamento á sociedade para “en el tiempo que falta hasta el 6 de mayo, que vengan y que no se la pierda nadie”. A presidenta do Consello Económico e Social de Galicia indicou que somos o que somos “si conocemos nuestra historia”. Segundo indicou, “muchas veces presumimos de nuestras raíces sin conocerlas y creo que esta es una buena oportunidad única para conocer una parte de nuestra historia que, por lo menos es mi caso, nadie la conoce”.

O grupo, ao saír da igrexa de Santa María Nai.

O fiscal xefe de Galicia, Fernando Suances, tamén gozou coa vista desta mañá . Non perdeu detalle e así dixo que lle resultou “muy interesante, efectivamente tiene mucho interés y creo que lo que se ha hecho aquí está muy bien”. Dixo estar sorprendido pola estrutura da mostra, como está o contido exposto “y la evolución del visitante a través de los diferentes escenarios. Está muy bien montado y tiene un gran interés”.

Manuel Vázquez no agochou a súa boa impresión “moi positiva e agradable, unha lección de historia impresionante a que acabamos de escoitar onde vemos a evolución da nosa historia desde tempos moi antigos e onde vemos a importancia dos suevos”. Declarou que vai recomendar a visita a In Tempore Sueborum desde A Coruña.

VOLVER