In Tempore Sueborum volve viaxar nos Alvia e Ave de Renfe polo Norte peninsular

A campaña afecta a 359 trens cun alcance de 80.000 viaxeiros

OURENSE, 26 de abril de 2018.- In Tempore Sueborum volve estar presente nos trens Alvia e nos de Alta Velocidade de Renfe desde o pasado mércores, día 25. Trátase da segunda campaña promocional da exposición, única en Europa e organizada e patrocinada desde a Deputación Provincial de Ourense. Os datos da exposición están á vista dos viaxeiros nos cabezais dos asentos de todos os trens con destino Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco. E nos AVE de León.

Os viaxeiros en tren ao norte do país poden ver o reclamo da exposición nos asentos. FOTOS: Alberte Paz.

No caso de Galicia esa información poderá verse en cen trens, o que supón un total de 26.400 cabezais. No servizo con destino Asturias, prevense 22.126 que se instalan nos asientos de 74 trens. Os viaxeiros que se despracen con Renfe cara a Cantabria, poderán saber de In Tempore Sueborum en 58 trens, nos que se colocarán 17.342 cabezais  promocionais .

Para os Alvia destinados ao País Vasco, a compañía ferroviaria española instala 19.401 cabeceiros en 87 trens. Ademais, tamén está presente a mostra sobre o tempo dos suevos no servizo de alta velocidade de León con 14.520 cabeceiros en 40 trens.

Un dos Alvia que chegan a Galicia, na estación de Ourense.

Xa que logo, esta segunda etapa da presenza promocional de In Tempore Sueborum en trens da rede española afecta a un total de 359 nos que desde o pasado día 25 estanse colocando ata 99.789 cabeceiros.

In Tempore Sueborum formou parte doutra campaña promocional ferroviaria o pasado inverno, chegando a miles de cidadáns que viaxaron neses trens. Pero Renfe, ademais, fíxose eco da exposición a través do seu blog recomendándoo a centenares de miles de lectores, segundo os datos oficiais da empresa.

Compartir enShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn

VOLVER