A exposición In Tempore Sueborum foi visitada por 44.299 persoas

Manuel Baltar sinalou que eventos desta categoría reflicten “a posta en valor da cultura” e anunciou que haberá máis

OURENSE, 7 de maio de 2018.-A exposición In Tempore Sueborum chegou ao seu final logo de ser vistada por 44.299 persoas. Así o dixo o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacando que In tempore sueborum “sitúa a Ourense no mapa das grandes exposicións e como referente cultural, dentro desa visión integral de provincia que defendemos, onde a posta en valor da cultura é algo fundamental”, e agradeceu o traballo desenvolvido “polos comisarios e por todas as persoas e institucións de tantas nacións que fixeron posible este fito na historia de Ourense, de Galicia e de Europa que impulsou e desenvolveu a Deputación de Ourense para salientar o noso pasado con maiúsculas, innovando e estando na vangarda das investigación sobre a nosa historia, como fixo esta exposición”.

Manuel Baltar subliñou que o listón alto que deixa a exposición traerá outros eventos. FOTOS:Alberte Paz.

O comisario, Jorge López Quiroga, agradeceu ás institucións que permitiron realizar esta exposición “particularmente a la Diputación de Ourense, en la persona de su presidente porque creo que se está convirtiendo en un auténtico mecenas de la cultura”. Agradeceu tamén o traballo de todo o equipo, formado por profesionais que rozaron, dixo, a excelencia. Quiroga indicou que os suevos son pioneiros na construcción da identidade política europea. “Esta exposición traza ese itinerario volviendo a las orillas del Danubio” e destacou que eventos como esta exposición son un éxito no mundo científico e na sociedade. “La cultura es un bien de todos y la exposición ha demostrado su importancia en el numero de visitantes”, indicou López Quiroga. Engadiu que esto será o comezo de “un camino largo basado en la excelencia y en la profesionalidad por Ourense”. O catálogo converteuse nun referente no mundo científico internacional.

Rubén Saavedra, responsable de Abanca, entidade copatrocinadora da exposición, agradeceu o proxecto científico e cultural “que marca un fito na historia cultural de Ourense e de Galicia”. Francisco Pernas, vicario de Pastoral, representou ao bispo de Ourense, e manifestou que “a diócese e o señor bispo queremos mostrar a nosa satisfacción por ter participado neste proxecto”. Mencionou a San Martiño de Tours e a Martín de Dumio, ambos naturais da Panonia, que emprendeu a cristianización da Gallaecia. “Confiamos que esta exposición contribuíse a realizar un exercizo de memoria e de verdade que é un rico patrimonio humano e cristiano”, declarou.

Os comisarios, Jorge López Quiroga e Artemio M. Tejera, autores do proxecto científico da mostra.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, dixo que a exposición converteu á cidade nunha referencia histórica e serviu de acicate ao turismo da capital da provincia. “Vaise a exposición e queda o amor pola historia, a reivindicación dunha etapa do noso pasado e sobre todo o posicionamento de Ourense como referencia do turismo cultural”, manifestou o rexidor municipal.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, indicou que a exposición foi un éxito rotundo en retorno para a provincia e en críticas positivas. “Estes éxitos reforzan a imaxe e a visibilidade de Ourense”, dixo, e celebrou a numerosa presenza de escolares en In Tempore Sueborum. Tamén suliñou que foi unha exposición “non dogmática nos seus prantexamentos”.

Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, espuxo que si se clausura In Tempore Sueborum “será porque ten éxito, pola repercusión que tivo”. Destacou a reivindicación “dos nexos importantes que hai entre Galicia e Portugal”. Ao ser unha exposición complexa, concluiu que Ourense “estuvo á altura” e reivindica á cidade como referencia cultural, a súa gran industria, a creatividade e a capacidade para organizar grandes eventos como este. Insistiu en que este proxecto abre as portas a outros futuros.

A exposición superou toda expectativa con creces. Por ela pasaron, entre esas máis de 44.000 persoas, numerosos colexios de toda Galicia, celebrándose para eles 116 visitas didácticas. Houbo 79 visitas guiadas para grupos organizados que a reservaron e, no horario das 18.30 horas, a clásica visita diaria sen reserva, fixéronse 118 percorridos guiados. En total, In Tempore Sueborum contou con 313 visitas guiadas oficiais desde o 15 de decembro do 2017 ata o 6 de maio de 2018. Por esas visitas pasaron arredor de 6.000 persoas.

O acto congregou a numerosos asistentes no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

En canto á procedencia dos visitantes, por comunidades, a máis presente en In Tempore Sueborum en canto a visitas é a galega, Séguelle Madrid e Castilla y León. A continuación figura Asturias, Andalucía, País Vasco, Comunidade Valenciana, Estremadura, Canarias, Cantabria; La Rioja e Baleares; Cataluña e Melilla. Do extranxeiro houbo visitantes de China, Marrocos, México, Polonia, Arxentina, Venezuela, Estados Unidos, Italia, Francia, Alemania, Portugal, Guatemala, Xapón, Austria e Reino Unido.

Si pegásemos xuntos todos os recortes de xornal que tratan sobre a exposición, estes ocuparían máis de 1.450 metros cadrados. De 573 noticias iniciais recolleitas por Google, In Tempore Sueborum acaba con máis de 14.000 recolleitas no buscador. Tan só na prensa escrita, a exposición ocupou 9 portadas e apareceu en 339 noticias. Ademais de aparecer na prensa generalista, a exposición ha ter oco en prensa especializada e publicacións académicas.

Máis de 14 millóns de persoas a ambos os dous lados do Atlántico recibiron algunha clase de noticia sobre In Tempore Sueborum. Si a organización mercase o espazo que ocupou nos medios, houbese ter que gastar máis de 9.800.000 euros, facendo un cálculo conservador. Segundo os cálculos das axencias de publicidade, ese espazo ocupado nos medios supera amplamente os 50 millóns de euros.

Só a través das redes sociais In Tempore Sueborum relacionouse con 10.000 persoas ao día, sendo a audiencia acumulada en redes, de case 600.000 persoas.
Con respecto á prensa escrita, a exposición figurou 303 veces en medios locais, 37 veces en medios nacionais, e 6 veces en medios internacionais.

Aparte da prensa en papel e dixital, 9 radios (Cadea SER, a Radio Universitaria Do Minho, Onda Cero, COPE, Radio Galega, RadioVoz, Radio Praga, Radio Villalba, Radio Obradoiro) e 4 canles de televisión (Telecinco, Cuatro, Telemiño, TVG e TVE) fixéronse eco de In Tempore Sueborum. Só as aparicións en Telecinco e Catro equivalen a 27.000? en espazo publicitario. Con respecto a RTVG, o valor publicitario das informacións que se lle dedicaron á exposición equivalen a case 18.000 euros, (11.363 euros TVG e 6.350 Radio Galega).

Poucas exposicións deste estilo en España chegaron a ter audiencias de semellante calibre. E ningunha de ámbito provincial, como foi esta. Fóra de España, os países con máis interese nesta exposición foron México, Venezuela, Portugal e Gran Bretaña.
As críticas nas redes foron, no seu maior parte, positivas, pedindo que se alongase a exposición ou que viaxase a outras cidades. Logo de In Tempore Sueborum, o segundo termo máis buscado nas redes sociais foi “Orense”, o cal supón tamén unha proxección informativa para a provincia de Ourense, cun tratamento positivo na práctica totalidade dos casos.

Documental

No acto de clausura púidose ver a proxección do documental In Tempore Sueborum, produción realizada por Jesús Mª. Caramanzana con guión e asesoramiento científico do profesor Jorge López Quiroga, comisario da exposición e un dos grandes expertos sobre os pobos bárbaros. O documental trata de ser unha especial visita guiada á exposición pero ilustrada cos lugares aos que pertencen as pezas que se puideron contemplar nas vitrinas. Foi rodado entre Galicia, Castilla e León, Estremadura, Braga e Oporto, entre outros lugares.

Neste traballo cóntase coa colaboración de Mónica Rodríguez Lovelle, autora da banda sonora da exposición, formada por tres composicións, que as cedeu para este documental. E o seu productor, Eduardo Tarilonte. Colaboradores igualmente son a empresa Sercam.

O documental foi rodado con proxección internacional e espérase sirva para perpetuar a máis importante exposición que se celebrou en Europa sobre o tempo dos suevos, organizada e patrocinada pola Deputación de Ourense.

VOLVER