O baleiro do que hai pouco foi In Tempore Sueborum

OURENSE, 15 de maio de 2018.- Este é o aspecto que amosan as salas da exposición In Tempore Sueborum, clausurada cun gran éxito de visitantes e de impacto tanto económico como social, o pasado día 7 do presente mes. As pezas de gran valor que lle deron a esta mostra carácter internacional, xa se foron de Ourense, cada unha para o seu museo. O esplendor das salas queda apagado, diluíndose no vacío para seren sustituidas por outros eventos culturais, no Centro Marcos Valcárcel e no Museo Municipal; e por bancos para os fieis, os bancos de sempre, na igrexa de Santa María Nai.

Mais a pesar deste baleiro, In Tempore Sueborum no está morta pois vive tanto no recordo deses 44.299 visitantes como no catálogo, próximamente no volumen de estudos, no xeoradar que se pasará na igrexa de Santa María Nai, no documental e nesta mesma web. Pero tamén permanecerá viva por anos no mundo científico de todos aqueles departamentos de universidades onde se investiguen os séculos V e VI da Tardoantigüidade.

Aspecto que presentaba o pasado luns a igrexa de Santa María Nai. FOTOS: Alberte Paz.

Ourense tivo a gran oportunidade de vivir e gozar de unha exposición única en toda Europa. Nunca se vira outra igual. Organizada e patrocinada pola Deputación Provincial de Ourense, puxo á cidade das Burgas no camiño das grandes exposicións culturais.

Vitrinas sen pezas na sala do Museo Municipal.

A investigación científica na que se sostenta este gran acontecemento finalizado, cuxos  comisarios son Jorge López Quiroga e Artemio M. Tejera, seguirá dando que falar nos ámbitos correspondentes. Nos medios de comunicación queda unha forte pegada de In Tempore Sueborum, como xa se dixo.

VOLVER