O comisario Jorge López deu unha conferencia e os participantes viñeron a Ourense para visitar a exposición
OURENSE, 17 de decembro de 2017.-In Tempore Sueborum, a máis importante exposición de Europa sobre o mundo suevo, organizada pô-la Deputación Provincial de Ourense, formou parte das XVII Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía. Esta convocatoria, que xa é veterana na cidade episcopal do norte de Lugo, artellou o seu programa deste ano contando coa nosa exposición. Así, na segunda e terceira das tres xornadas que comezaban o día 15, falouse do mundo suevo. O sábado, o comisario Jorge López Quiroga, profesor doutor da Universidade Autónoma de Madrid, disertoulles sobre o tempo dos Suevos na Gallaecia, do mito á realidade, no salón de conferencias do Centro Comarcal de Mondoñedo, ás seis do serán. Entre outras ideas expresou que a existencia de rasgos culturais diferenzados nas tumbas dos bárbaros, dos suevos, “no constituiría, forzosamente, una prueba de identidad étnica” de ese pobo. Engadiu que tampouco as culturas definidas dende a arqueoloxía “tienen porque corresponderse con etnias antiguas perfecta y claramente diferenciadas”. Dí López Quiroga que tanto a toponimia, empregada en frecuentes ocasións para argumentar desprazamentos de poboacións ou supostas áreas de asentamento, como a antropoloxía física que, segundo o poñente “evidencia sistemáticamente poblaciones muy heterogéneas, son poco convincentes cuando se pretende identificar etnias mediante estas disciplinas”.
Á hora dun estudo arqueolóxico riguroso sobre os bárbaros, Jorge López Quiroga sinala que hai que ter en conta previamente certas cuestións do mundo funerario vencellado ou asociado aos bárbaros. Eses aspectos son: o número limitado de inmigrantes, o carácter pacífico da maioría destes movementos migratorios, contrariamente á idea de invasión, pois terían asentamentos consentidos por Roma. Tamén cita a enorme dispersión xeográfica ao longo e ancho do Imperio; as diferenzas culturais dos bárbaros falan de pobos que no eran homoxéneos. “La gran movilidad de las élites dirigentes bárbaras dificulta enormemente diferenciar sus tumbas”, engadindo que a presenza dun rico e variado grupo de obxectos funerarios non é sempre un criterio definitivo para evidenciar a presenza dun ser que se poda identificar con craridade como bárbaro, e isto sucede sobre todo nas tumbas masculinas, nas que tanto aparecen materiais de tradición romana como foráneos. Mais as tumbas femeninas, indica López Quiroga, sí amosan un tipo de vestir propio bárbaro, aparentemente con menos influxos do mundo romano.
Hai que ter en conta, ademáis, o proceso de aculturación permanente durante varios séculos da minoría bárbara, dende os sus lugares de orixe ata que se asentan no Imperio. Precisa o poñente que a aculturación era doble, por unha banda Roma, e pola outra, de outros grupos de bárbaros, o que, ao integrar elementos de varias culturas, provocaría un torrente creador de modas e costumes diversas máis que homoxéneas. Aos bárbaros non se lles pode atribuir usos funerarios propios polo feito, sinala López Quiroga, “de ser supuestamente diferentes a los empleados por la población romana”. E inda que autores como Kazanski-Peri defenden que o rito funerario e os enterramentos de animais a carón do difunto poderían ser elementos que confirmasen unha práctica funeraria foránea, propia dos bárbaros, con todo, manifesta López, “sería extremadamente difícil distinguir a un bárbaro totalmente integrado en la sociedad romana de un hispano-romano enterrado a la moda bárbara, exclusivamente a partir del rito funerario”. Polo tanto é case imposible fixar unha identificación ética para os materiais atopados no contexto funerario. Resulta perigoso, afirma López Quiroga, relacionar a cultura material, sobre todo no que ao mundo funerario respeita, con grupos de poboación concretos “buscando definir ese imposible DNI étnico”.
Despois desta introducción teórica, os participantes nas xornadas dedicaron o domingo a desprazarse cedo cara Ourense onde vieron os tres espazos expositivos de In Tempore Sueborum desde as 11.30 horas. Foi una visita guiada á mesma, onde viron os obxectos que enriquecían o discurso dado por López o sábado. Guiounos o guía oficial, e tamén responsable de comunicación do evento, Jesús Manuel García. Cos visitantes viña o arqueólogo municipal de Mondoñedo, Abel Vigo.
Amosáronse satisfeitos pola calidade das pezas que se exponen. E marcharon reforzando as ideas dadas para intentar ter un coñecemento básico da realidade dos bárbaros, entre eles, os suevos, que formaron na Gallaecia o primeiro reino medieval de Occidente.