A secretaria de Estado para o Turismo de Portugal visitou In Tempore Sueborum

Manuel Baltar agradeceu a Ana Mendes a visita lembrando a gran contribución do seu país, que enviou 73 pezas

OURENSE, 18 de decembro de 2017.-A secretaria de Estado para o Turismo de Portugal, Ana Mendes Godinho, visitou esta mañá In Tempore Sueborum, a exposición máis importante de Europa sobre o mundo dos bárbaros e entre eles os suevos, organizada pola Deputación Provincial de Ourense. Mendes Godinho quixo ver parte das pezas expostas e tan sorprendida quedou que anunciou que voltará a Ourense coa súa familia para ver toda a mostra con máis detemento.

A secretaria de Estado portuguesa estivo acompañada no percorrido polo presidente da Deputación ourensá, Manuel Baltar, polo coordinador xeral da exposición e asesor de Política Cultural da Deputación, Aurelio Gómez Villar e polo guía de In Tempore Sueborum e responsable de comunicación da mesma, Jesús Manuel García, que amosou á secretaria estatal do turismo do país veciño as xoias expostas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Neste lugar faise una introducción ao mundo dos pobos bárbaros para desmitificalos segundos os máis recentes avances científicos grazas á arqueoloxía funeraria. Manuel Baltar explicoulle detalles sobre o valor de seguros como o do anelo de Alarico II, rei dos godos, e convidouna a volver a ver este gran proxecto cultural europeo próximamente.

Ana Mendes e Manuel Baltar escoitando as explicacións de Jesús Manuel García. Fotos: Alberte Paz.

Ana Mendes Godinho coñeceu os depósitos funerarios das tumbas excavadas en Centroeuropa, que se poden ver en In Tempore Sueborum así como as excavadas na antiga Gallaecia sueva. Expresou a súa admiración “pola calidade e pola importancia da mostra que reúne en Ourense semellante relevancia histórica dun período do que aínda queda moito por coñecer”. Contemplou varias pezas chegadas do seu país como os achádegos arqueolóxicos de Ponte de Lima, do Museu D. Diogo de Sousa, de Braga ou as moedas chegadas do Museu Nacional de Arqueologia de Lisboa, entre outros.

A secretaria coñeceu a imaxe dos suevos dada por Tácito, coa trenza que lucían á dereita da súa cabeza.

A secretaria de estado celebrou a importancia que ten este proxecto, sobre todo para toda a Península Ibérica, pois recoñeceu que tamén interesa en Portugal. Tamén foi para ela unha sorpresa saber que In Tempore Sueborum supón un antes e un despois no estudo dos pobos bárbaros e dos suevos en concreto, a nivel internacional.

A secretaria de Estado e o presidente da Deputación observando o mapa das migracións bárbaras.

Portugal está ben representado nesta exposición pois deste país viñeron 73 pezas, algunhas delas é agora a primeira vez que se amosan ao público. Pertecen a seis museos: Museo Nacional de Arqueologia de Lisboa, Museo Monográfico de Conímbriga, Casa do Infante; Núcleo Museológico do solar Condes de Resende e o Museo Diocesano Pío XII de Braga. Baltar agradeceulle a visita e recordou a “importante contribución á exposición por parte dos museos de Oortugal”, pois entre as súa pezas algunas podense ver agora por vez primeira, co gallo da mostra de Ourense.

Mendes e Baltar contemplaron as monedas que están expostas en In Tempore Sueborum.

Coñeceu a secretaria de estado para o Turismo portugués os contidos dos outros dous espazos, sintetizados polo guía e nos que están outras pezas de gran valor que forman parte da historia e da arte medieval portuguesa.

VOLVER