O comisario Jorge López iniciou o ciclo de conferencias de In Tempore Sueborum no Foro La Región
OURENSE, 23 de decembro de 2017.-In Tempore Sueborum estrenou o seu ciclo de conferencias que se desenvolven no marco do Foro La Región en colaboración coa Deputación de Ourense. O primeiro convidado foi o profesor Jorge López Quiroga, da Universidad Autónoma de Madrid. O salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel estaba cheo de público. Non quedou unha butaca baleira e houbo cidadáns que seguiron a ponencia de pé. López Quiroga disertou sobre o ´regnum sueborum´galaico (411-585): A creación do primeiro reino medieval de Europa. O experto, que é un dos dous comisarios da gran exposición ourensá, subliñou como para aproximarse a este e outros pobos bárbaros, hai que botar man da arqueoloxía para coñecer o seu mundo funerario, grazas ao cal se foi comprobando como os suevos que chegaron ao Noroeste peninsular hispano, é decir, á Gallaecia, foron, ao morreren, soterrados con prendas e axuar similares ou iguais que os que á tumba levaron os suevos que viviron en Centro Europa, datos que quenes participan nas visitas guiadas, de luns a venres, poden ver nas vitrinas nunha viaxe especial que estas permiten facer por toda Europa, nas que compre deterse dun xeito especial nas das mulleres, guardianas da tradición da súa terra de orixe.
O conferenciante manifestou que antes que unha soa identidade hai moitas pois un suevo podía lucir, e así se acostumaba no seu vestir, fíbulas asociadas aos godos. Ou o caso da señora Ermengondis, sepultada en Túnez, en cuxa lápida se di que era sueva e, liñas abaixo que estaba casada co vándalo Ingomaris.
Este ciclo volverá o día 8 de xaneiro, luns, para que interveña o segundo comisario da exposición, o profesor Artemio M. Martínez Tejera, da Universidad Autónoma de Madrid, para disertar sobre “La arquitectura cristiana de los siglos V-VI en el Regnum Sueborum”. O luns, día 22 de xaneiro, falará Michel Kazanski, da Unidade Mixta de Investigación Oriente y Mediterráneo, do Centro Nacional da Investigación Científica, Colexio de Francia-Paría/ CNRS-UMR 8167’Orient & Mediterranéé. A súa conferencia titúlase: “La difusión de la moda póntico-danubiana en Occidente a través del mundo funerario de los siglos V y VI: ¿Una cuestión étnica o un indicador etnográfico?” Para o día 5 de febrero, luns, está prevista a intervención de Carles Lalueza Fox, do Laboratorio de Paleogenómica, Instituto de Biología Evolutiva da Universidade Pompeu Fabra. O tema escollido é: “ADN antiguo y movimientos migratorios: ¿colisión o complementariedad?”
O día 15 de febrero, xoves, presentarase e estrenarase o documental In Tempore Sueborum, que dura 45 minutos e recolle un amplo traballo científico sobre o Reino dos Suevos e a súa presenza no Noroeste peninsular. Para o 19, contarase coa presenza de Patrick Périn, director honorario do Museo Arqueolóxico Nacional de Francia. “Autopsia de una reina merovingia: Aregonda”, é o seu tema.
Este ciclo pecharase o luns, 5 de marzo de 2018, coa presenza de Susanne Hakenbeck, da Universidade de Cambridge, para falar de “Isotopos e identidades entrelazadas en la cuenca del Danubio en los siglos IV al V”.