In Tempore Sueborum chega á Secretaría de Estado vaticana

O agregado da Sección para as Relacións cos Estados da Santa Sede, o galego Francisco Froján, visitou hoxe a exposición sobre o tempo dos suevos

OURENSE, 3 de xaneiro de 2018.- In Tempore Sueborum chegará ata o Vaticano da man do agregado da Sección para as Relacións cos Estados da Santa Sede, o sacerdote galego Francisco Froján, (Caldas de Reis, 1953), que esta mañá visitou a exposición sobre o tempo dos suevos que se está a desenvolver en Ourense como primicia en toda Europa. Froján foi recibido polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que o acompañou mentras o comisario Jorge López Quiroga, ía explicando cada vitrina no seu contexto histórico e  arqueolóxico. Previamente asinou no Libro de Honra da Deputación Provincial de Ourense.

“Non esperaba que na cidade de Ourense houbera unha exposición cultural, artística, histórica tan importante con todo o fenómeno das invasións ou migracións dos pobos do oriente ata a Gallaecia ou Fisterra”, sinalou Froján. Considera que este proxecto “axuda a comprender ese fenómeno de como estes pobos foron deixando a súa cultura, tradicións, a súa impronta nestas terras, como a Igrexa entrou e contacto con esas elites desas culturas e como isto vale para estruturar a organización eclesial da Gallaecia, aparte de non impedir que esta xente trouxese toda a súa cultura reflectida no comercio”. Froján, que se marchou moi satisfeito, asegurou que cando regrese á Cidade do Vaticano falará de In Tempore Sueborum aos compañeiros que alí traballan para a Santa Sede: “Por suposto, que me farei eco desta iniciativa, convidarei aos meus compañeiros, sobre todo aos máis relacionados co mundo da arte, da cultura, que están nos dicasterios competentes a que visiten polo menos virtualmente a exposición. E que fagan unha valoración porque quedarán impresionados de que na Galicia actual haxa unha exposición como esta, de universalidade ou de europeidade onde neste espazo están recollidas as grandes obras do tempo dos suevos”.

Froján seguiu con atención as explicacións de López Quiroga. FOTOS: Alberte Paz.

Outro detalle que sorprendeu ao alto cargo da Secretaría de Estado da Santa Sede foi ver como a integración que favorecían os romanos no tempo dos suevos coincide coa mensaxe de Aninovo do papa Francisco, no senso de integrar aos inmigrantes. E ben seguro que desto algo dirá a Francisco. “Cando visitaba a primeira parte da mostra vía reflectido o que está sucedendo hoxe, estes fenómenos de migración por múltiples causas pero que un dos aspectos importantes que se ve aquí é a integración que o mundo romano facía destes pobos que viñan traballar para eles”, manifestou Francisco Froján, quen non tiña palabras para In Tempore Sueborum, rematando cunha soa verba que o dí todo: “Noraboa”.

Os movementos migratorios do século V sorprenderon ao ilustre visitante.

Francisco Froján é capellán da Súa Santidade, biólogo, teólogo, profesor e escritor. Formouse na Universidad de Santiago de Compostela, na Pontificia Universidad Gregoriana e na Universidad Pontificia de Salamanca. Foi ordenado sacerdote en Compostela en 1981 e hoxe reside na Cidade do Vaticano. É doutor en Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca cunha tese titulada: “El hombre del trabajo, clave esencial de la cuestión social. Antropología y ética en la encíclica ´Laborem exercens´. O 31 de outubro de 2003 o papa Xoán Paulo II nomeouno co título honorífico de Capellán da Súa Santidade. O Goberno Español concedeulle a Cruz de Oficial da Real Orden de Isabel la Católica. Tamén é Cabaleiro da Enxebre Orde da Vieira desde 2011. Entre os seus libros ten un dedicado ás árbores presentes nos xardines do Vaticano. Froján é tamén conferenciante. No ano 2014 creou a aplicación FameZero.

Francisco Singul, comisario doutra mostra

Entre os acompañantes do sacerdote galego residente no Vaticano estaba o investigador e agora comisario da exposición sobre o Pergamiño Vindel, Francisco Singul, quen non deixou de loubar a mostra radicada en Ourense: “Se trata de una exposición importantísima para Galicia, de una época fascinante de la historia y del arte gallego y que merecía la pena ser estudiada, realizar un buen libro como es el caso y una exposición. Me parece un proyecto valiente porque el tema es complicado, y desde luego fastuosa en cuanto al número de piezas”. Engadiu este especialista que unha iniciativa como esta sobre os suevos “es más compleja por la dificultad de ser un momento con piezas de la cultura material del mundo galaico-romano, y diferenciar lo que es suevo resulta realmente complicado. Y hay que hablar, además, de los inicios del cristianismo en Galicia. No es un ámbito muy definido, y en estas arenas movedizas es complicado realizar un proyecto. Creo que aquí se ha hecho muy bien”.

Camilo Nogueira

Nesta visita polos tres espazos de In Tempore Sueborum, atopábase tamén Camilo Nogueira en Santa María Nai. Nogueira, político galeguista, enxeñeiro i economista nado en Vigo, estivo coa súa familia e amosouse abraiado: “Estou asombrado e creo que estará asombrada calquera persoa que a vexa. Esto demostra un aspecto da humanidade en todo caso de Galicia que é negada absolutamente”.

Francisco Froján pousou en Santa María Nai con Camilo Nogueira, súa dona e Óscar Outeiriño.

Refírese Nogueira a que chegouse dicir “que o reino suevo non existiu, e foi nada menos que o primeiro independizado, unha realidade asombrosa e significativa fronte a idea de que Galicia é un país excéntrico. A nosa realidade vén dende aí en tódolos sensos”. Camilo Nogueira non dubidou en amosar o seu agradecemento: “Felicito ao responsable da exposición e a ver se se ve por aí en Nova Yorke, en Londres ou Roma”.

VOLVER