A mostra única en Europa ambienta os seus espazos con tres composicións obra de Mónica Rodríguez Lovelle
OURENSE, 9 de xaneiro de 2018.- ¿A que película de corte histórico pertecen as pezas musicais que se escoitan na exposición In Tempore Sueborum? É unha boa pregunta que posiblemente algún visitante se fixo. Pero non ten resposta porque esas músicas non son de ningunha produción cinematográfica. Como soa.
In Tempore Sueborum ten son ambiente musical, tres composicións que son o traballo desenvolvido pola ourensá Mónica Rodríguez Lovelle, doutora medievalista e compositora musical, afincada en Madrid. Na súa cidade natal comezou a estudar Historia ao tempo que fixo a carreira musical. Cedo se decatou do fácil e bó que para ela era xunguir ambalas dúas disciplinas. “La Historia me inspira, es la parte científica mientras que la música es la parte creativa”, sinala a autora. En Madrid retomou a armonía, os arranxos musicales pola imaxe.
Non sen grandes doses de creatividade, Mónica Rodríguez, que forma parte do proxecto da exposición internacional sobre o tempo dos suevos, afrontou o vela dende o punto de vista musical. Por elo ideou tres pezas acordes cos contidos de cada unha das tres salas.
No Centro Cultural Marcos Valcárcel, para o capítulo da desconstrución dos bárbaros, ideou a composición Barbari. Esta música soa tras ver as imaxes dunha escena de Gladiator, imaxes dos antergos que poden contar que acontecía no límite renano danubiano. É unha imaxe de medo”. Por elo a peza musical desta sala se inicia escoitando o son de cornos de caza, que en palabras de Mónica Rodríguez, recorda aos bárbaros. Logo hai unhos minutos que reflicten tensión, “percusiones que imitan a caballos galopando, vientos”, para, de seguido, escoitar coros, que aluden, segundo a súa autora, aos hispanorromanos, infundindo medo, o medo ao descoñecido, esa sensación á que contribuiron Idacio de Chaves e Orosio. A entrada dos cuado suevos na Península Ibérica no ano 409 tamén está reflectida nesta composición, pois cóntase musicalmente co “tema principal que consta de dos partes: la parte primera, con los coros, las guerras suevas, el toque eslavo porque son eslavos; se transmite una idea de provocar miedo”, explica Rodríguez Lovelle. Na segunda parte, escoitase unha voz femenina, “la princesa sueva, las poblaciones que vienen detrás de los guerreros: hombres, mujeres, niños, con sus tradiciones”.
Ao entrar na igrexa de Santa María Nai, soa Speculum, segunda composición desta especialista coa que quere transmitir un cambio na transición do mundo romano ao medieval. Incide na espiritualidade, no paso do politeísmo ao monoteísmo. O Speculum ou espello procede de Martín de Dumio, texto que o monxe, bispo e despois arzobispo de Braga tomara da filosofía romana, posto que este personaje, incide a especialista, era máis filósofo que teólogo. “Parto de sonidos muy etéreos, canto de soprano que va llevando la melodía inspirada en los cantos litúrgicos judíos y en la música armenia. Luego se incorpora la voz gregoriana y aparecen cítaras, se interrumpe un fragmento que lleva frases gregorianas con fondo de una cuerda”, indica a compositora. Esa música fai referencia ao ambiente conciliar bracarense e vai crecendo, amosando unha evolución nun ambiente espiritual.
E no Museo Municipal agárdanos a composición In Tempore Sueborum, que, como sinala a doutora ourensá, “muestra la fusión de todo en ese espacio, la pervivencia; es un tema sencillo, repetitivo, emblemático. Muestra sonidos de viento potente, alusivos al mundo romano. Y surge una voz femenina evocadora así como elementos identificativos con lo galaico” que se debuxan empregando coros, gaita, instrumentos celtas.
As tres pezas musicais foron compostas i editadas no ordenador e o resultado é máis que evocador en cada ún dos tres espazos nos que se desenvolve a mostra máis importante de Europa sobre o tempo de aqueles bárbaros, segundo os romanos, que eran os suevos que chegaron para instalarse no Noroeste peninsular, na antiga Gallaecia.