Forman parte dun proxecto Erasmus para mellorar a inserción e visibilidade profesionais
Ourense, 31 de xaneiro de 2018.- Unha vintena de profesores universitarios procedentes de todas as universidades de Marrocos, tamén de Cádiz e de Europa, visitaron este mércores In Tempore Sueborum. Son os integrantes do Proxecto EVAL, que é una iniciativa Erasmus para o traballo das competenzas e a valorización de aptitudes para mellorar a inserción e visibilidade profesionais. Dito proxecto europeo propón desenvolver unha plataforma dixital para as universidades marroquís que lles permita implementar o enfoque do portafolio electrónico. A súa finalidade é mellorar o valor dos resultados de aprendizaxe e as experiencias nas universidades marroquíes, promover a orientación educativa e profesional, a mobilidade e a aprendizaxe permanente do alumnado marroquí universitario e permitir que as empresas marroquíes coñezan as competencias dos licenciados universitarios.

O proxecto construirá unha interfaz intelixente que permita ao alumno capitalizar a súas experiencias e cultivar a súa identidade dixital, á Universidade marroquí desenvolver a súa visibilidade dixital e ás empresas marroquíes leer mellor as competencias dos egresados.


Esta delegación internacional dedicou uns minutos da tarde a ver a exposición sobre o tempo dos suevos, sendo guiados por Jesús Manuel García. Entre os participantes figura a Universidade de Vigo coa súa Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense.