A mostra ten presenza nas salas VIP dos aeroportos cun público estimado de 1,2 millón de usuarios
Ourense, 10 de febreiro de 2018.- Dúas revistas especializadas en Historia, de ámbito nacional, promocionan a exposición internacional In Tempore Sueborum, que se está desenvolvendo en Ourense desde o pasado 14 de decembro do 2017. Trátase das publicacións Historia y Vida así como Historia de Iberia, ámbalas dúas do grupo editorial Prisma Publicaciones. O feito de que estes medios especializados mencionen a principal exposición europea sobre o tempo dos suevos supón que á mostra ourensá dalle unha difusión en España importante. Estas dúas revistas venden ao mes varios milleiros de exemplares, en cada revista máis do 50% da distribución concéntrase en Madrid e Cataluña.
Estas revistas non só se venden nos quioscos pois tamén están a disposición dos pasaxeiros que utilizan as salas VIP dos aeroportos, cuxo volume estimado, segundo os datos de ámbalas dúas publicacións, é de 1.263.000 pasaxeiros. Tamén existe unha versión dixital que se distribúe mediante as plataformas Kioskoymas, Zinio, Maxter, PressReader e na aplicación propia de Ipad.
In Tempore Sueborum acaparou a atención doutras publicaciones especializadas, sen esquecer a prensa xeralista, que lle deron, no seu primeiro mes, un millón de impactos, aspecto ao que se engade o trampolín que para este proxecto supuxo o seu paso pola feria Fitur, pois os principais medios de España fixéronse eco da mostra, aparte de facela chegar aos países de América grazas á pataforma Hispanoamérica.net.