A dirección de Mediaset visitou In Tempore Sueborum

Paolo Vasile e Ana Rosa Quintana, entre os asistentes que disfrutaron da exposición 

OURENSE, 10 de febreiro de 2018.- Unha representación de Mediaset realizou unha visita este sábado á exposición internacional In Tempore Sueborum. Despois da media tarde, o director xeral, Paolo Vasile, achegouse á exposición xunto co director xeral de contidos, Manuel Villanueva e a presentadora Ana Rosa Quintana. Os tres, coa súa familia e outros amigos de Ourense. Foron recibidos no Centro Cultural Marcos Valcárcel polo asesor de Política Cultural da Deputación de Ourense e coordenador xeral da exposición, Aurelio Gómez Villar, acompañado do responsable de comunicación e visitas guiadas a In Tempore Sueborum, Jesús Manuel García.

Os visitantes acudiron á sala de exposición e, durante case unha hora, escoitaron as explicacións de García ao percorrer as vitrinas que mostran os tesouros traídos de dez países, de 39 museos, e que suman, entre os tres espazos da exposición, 262 pezas. Os responsables de Mediaset non querían perder este espectáculo que se tornou coñecido en toda España.

VOLVER