A presidenta sinalou a importancia da mostra e de que sexa aproveitada por todos os asociados
OURENSE, 4 de marzo de 2018.- A Federación Provincial de Comercio de Ourense realizou esta mañá una visita guiada á exposición internacional In Tempore Sueborum. Unha trintena de socios da cidade e de varias comarcas foron recibidos no Centro Cultural Marcos Valcárcel polo coordenador xeral da exposición, Aurelio Gómez, xunto ao que se atopaba o guía e responsable de Comunicación do proxecto, Jesús Manuel García, que acompañou aos visitantes polos tres espazos de mostra durante boa parte da mañá.
Os participantes, que integran asociacións sectoriais, comarcais, centros comerciais abertos e outras asociación varias, quedaron satisfeitos co visto e escoitado nos tres edificios onde se desenvolve esta mostra única en toda Europa. A súa presidenta, Beatriz Gómez Valcácel, sinalou que se tratou dunha “visita moi interesante, moi importante, e tamén teño que decir que o guía transmitiu moi ben a idea coas súas explicacións; a verdade é que o tempo foi moi aproveitado, a exposición é moi interesante visitala e unha vez que se atopa na nosa cidade, que menos que potenciar as visitas a ela”.
A presidenta, neste senso, indicou que animará aos asociados de todo o territorio provincial a que se animen a organizarse para vir a In Tempore Sueborum: “Seguiremos promocionándoa nas vilas para ver se se poden organizar excursións desde a Federación Provincial”.