A exposición contribuíu ao cheo nos hoteis de Ourense durante as vacacións
OURENSE, 2 de abril de 2018.- A exposición In Tempore Sueborum rematou a Semana Santa con 31.000 visitantes, cifra que demostra o interese que esperta entre o público de toda España, de modo que supera as expectativas da organización. En pouco menos dun mes, este proxecto científico e cultural pasou dos 18.000 visitantes á cifra actual. Durante as vacacións de Semana Santa, é dicir, desde o sábado 24 de marzo ata o domingo 1 de abril, pasaron polas tres sedes da exposición 2.000 visitantes. A maior concentración destes deuse a partir do martes santo, con 259 persoas, alcanzando o cumio o venres, con 444 visitantes. O día anterior rexistráronse 343 e na mañá do domingo pechouse cun total de 111 persoas.
Por comunidades, a máis presente en In Tempore Sueborum en canto a visitas é a galega, con máis de 600 visitantes das súas catro provincias. Séguelle Madrid, con 125 visitantes, tralos cales sitúase Castilla y León, con 47 cidadáns que viron a exposición sobre o tempo dos suevos. A continuación figura Asturias, con 28 visitantes. Andalucía enviou en Semana Santa 19 visitantes, o País Vasco, 13 e a Comunidade Valenciana, 11. De Estremadura acudiron 10 cidadáns. Por esta orde, e con menos de oito visitantes durante a última semana sitúanse Canarias (7); Cantabria (5); La Rioja e Baleares, (4); Cataluña e Melilla (2).
Ao longo da Semana Santa a exposición sobre o tempo dos suevos tamén rexistrou visitantes chegados de dez países, en total, 18 persoas que se reparten do seguinte modo: catro de China, dúas por cada un destes países: Austria, Reino Unido, Francia, México e Portugal. De Xapón, Guatemala, Arxentina e Venezuela chegou un visitante respectivamente.
In Tempore Sueborum encheu os hoteis da cidade durante as pasadas festas, constituíndose como un reclamo importante entre os atractivos culturais da cidade para esta época do ano. Xunto a este reclamo están os que ofrece tradicionalmente a capital así como o resto da provincia, desde a súa riqueza monumental ás actividades de outras entidades e institucións.
Tanto na Península como noutros países o principal evento organizado e patrocinado pola Deputación Provincial de Ourense mantivo o nivel de interese, que desde a súa inauguración, o pasado 14 de decembro do 2017, segue constante, como proba o aumento de persoas que cada semana achéganse a contemplar o contido dun proxecto único en Europa. Desde entón, a cifra de quenes se achegan a ver o contido das tres salas é constante, rexistrándose presenza de particulares que acoden pola súa conta, grupos de escolares en visita guiada didáctica matinal; grupos de adultos das máis diversas organizacións de toda Galicia e aínda doutras comunidades autónomas así como do estranxeiro. Durante as vacacións de Semana Santa rexistrouse un aumento de visitas tanto por libre como nas programadas na tarde, polo que desde o martes ata o sábado foi necesario desdobrar o grupo das 18.30 hrs en todos os casos.
In Tempore Sueborum interesa a numerosas persoas que queren coñecer un período da historia de España situado na Idade Tardoantigua, desde catedráticos, profesores, alumnos e colectivos veciñais e profesionais que se van sucedendo na mostra. E en non poucos casos trátase de grupos que fan gasto na cidade de Ourense, porque se quedan a xantar ou pernoctan, o que repercute na economía local cada día desde a apertura deste evento.
Esta exposición é o evento cultural organizado pola Diputación ourensá que máis público acada. É un gran proxecto de investigación aberto ao público desde os últimos catro meses e aínda queda todo abril e a primeira semana de maio, pois a clausura está prevista o día 6 de devandito mes. O éxito incontestable de In Tempore Sueborum palpouse desde o principio e sufriu un revulsivo especial tralo seu paso pola feira Fitur, que espallouna a toda España, ademáis de estar presente en revistas especializadas de Historia e de grandes empresas de transporte, tanto ferrocarril como aéreo, como son os casos de Renfe e a Up-Magazine da compañía portuguesa de aviación TAP.
Nas vindeiras semanas aínda sairá a segunda edición do catálogo, o volume de estudos científicos e un documental, entre outras citas.