Compositora

Mónica Rodríguez Lovelle (Ourense)

Licenciada en Historia, especialista en Historia Medieval, concretamente da Tardoantigüidade. Foi profesora universitaria e agora imparte docencia nun centro de Secundaria en Alcalá de Henares (Madrid). Tamén é compositora, sendo autora das tres pezas musicais que serven de banda sonora aos tres espazos expositivos de In Tempore Sueborum.

"Barbari"

No Centro Cultural Marcos Valcárcel. Comeza escoitando o son de cornos de caza, que recorda aos bárbaros. A continuación hai uns minutos que reflexan tensión, percusións que imitan a cabalos galopando, ventos para, de seguido, escoitar coros que aluden aos hispanorromanos, infundindo medo, o medio ao descoñecido, esa sensación á que contribuíron Idacio de Chaves e Orosio.

Descargar

"Speculum"

En Santa María Nai. Este título tómase dunha obra de Martiño de Dumio, texto que o monxe, bispo e arcebispo de Braga tomara da filosofía romana, Parte de sons moi etéreos, canto de soprano que leva a melodía inspirada nos cantos litúrxicos xudeus e armenios. De seguido incorpora a voz gregoriana e aparecen cítaras, interrúmpese un fragmento de frases gregorianas co fondo dunha corda. Esa música refírese á Braga concliar e vai crecendo, amosando unha evolución nun ambiente espiritual.

Descargar

"In Tempore Sueborum"

No Museo Municipal. Esta composición funde todo ese espazo, é sinxela, repetitiva e emblemática. Mostra sons de vento potente, que fan referencia ao mundo romano. E unha voz femenina evocadora, así como elementos identificativos co galaico debúxanse empregando coros, gaita e instrumentos celtas.

Descargar